As reservas da biosfera son lugares para proba de proxectos de desenvolvemento sustentable da iniciativa Programa sobre o Home e a Biosfera da Unesco. As reservas abranguen territorios con ecosistemas terrestres, mariños e costeiros nos que se fomentan proxectos que permitan avanzar no desenvolvemento social preservando o valor ecolóxico do territorio. Búscase conservar a biodiversidade e a diversidade cultura, o desenvolvemento económico sostible, e a investigación, a educación e a formación da sociedade.

As reservas da biosfera deben incluír unha ou varias área protexidas, onde se conservará súa biodiversidade, e zonas na que se promoven iniciativas de desenvolvemento sostible e conservación. As entidades locais e os gobernos deben ser quen propoñan novas reservas. Un comité internacional avaliaraos para ser declarados como reserva natural, o cal obrigará aos solicitantes ao cumprimento da súa finalidade.

A lexislación española a través da lei 42/2007 e a lei 5/2019 galega recoñécenas como áreas protexidas por instrumentos internacionais e asentan o marco legal para o recoñecemento da figura de reserva da biosfera no estado e a súa forma de xestión.

Dentro da Rede Mundial de Reservas da Biosfera do programa MaB creáronse ata o 2020 714 reservas da biosfera. Están en 129 estados da UNESCO e 21 deles son reservas transfronteirizas.

Obxectivos As reservas da biosfera decláranse dentro dunha Rede Mundial de Reservas da Biosfera no Programa sobre o Home e a Biosfera (en inglés Man and Biosphere programme). A rede de biosferas decláranse nos plenos do programa e, por incumprimento dos obxectivos, pódense anular. Buscan acadar un aproveitamento racional e sustentable dos recursos e dos ecosistemas do territorio. Foméntase o diálogo entre as comunidades locais e a súa a participación en decisións do uso dos recursos da reserva, foméntase a involucración de científicos coa política de conservación da biodiversidade e foméntase as políticas de redución da pobreza e da mellora da calidade de vida das persoas.

O programa MAB promove as colaboracións entre os países dos hemisferios norte cos do sur, e os do sur entre eles. Fomenta o intercambio de experiencias na implantación dos programas das reservas da biosfera e as prácticas aplicadas.

A rede de reservas da biosfera En 2020 había un total de 701 reservas declaradas en 124 países, das cales 21 son transfronteirizas. Algúns países como Myanmar aínda tiveron a súa primeira reserva en 2015. En xuño de 2017 no consello internacional da reserva da biosfera e no programa biosfera de París decidiuse a retirada de 17 lugares dos Estados Unidos e 3 de Bulgaria. Porén, engadíronse outros 23 de todo o mundo.

Rexións da UNESCO Número defReservas da biosfera Número deEstados África 70 28 Estados Árabes 301 11 Asia e o Pacífico 142 24 Europa e América do Norte 302 36 América do Sur, América Central e o Caribe 125 21

Espazos nas reservas da biosfera Nunha reserva da biosfera débese incluír: unha zona núcleo, área centrais protexida e con especial interese de conservación da súa biodiversidade, unha zona tampón, área de transición arredor das área núcleo na que se limitan as actividades non relacionadas coa súa conservación, e unha zona de transición, na que se promoven as actividades de conservación de biodiversidade e unha economía sustentable.

Isto faise co obxectivo de manter un desenvolvemento sustentábel dos recursos naturais e as comunidades humanas que habitan nelas. Este esforzo require investigación, seguimento, educación e preparación.

Reservas da biosfera en Galiza Galiza ten sete reservas da biosfera declaradas. Dúas delas transcenden os límites galegos e teñen parte súa en Asturias (Río Eo, Oscos e Terras de Burón) e Portugal (o Gerês-Xurés).

Nome Interterritorial Declaración Área HabitantesÁrea de AllarizReserva da biosfera Área de Allariz na web oficial da Unesco (en inglés) Non 29/06/2005 21.482 ha. 9.867 Mariñas Coruñesas e Terras do MandeoNovas reservas da biosfera designadas pola Unesco o 28 de maio de 2013 na web oficial da Unesco (en inglés) Non 28/05/2013 116.724,3 ha. 189.902 Gerês-XurésO Xurés-Gerês xa fai parte da Reserva da Biosfera Consultada o 06/03/10 Si (Galego-Portuguesa) 27/05/2009 330.874 ha. 76.301 Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e BecerreáDeclaración da reserva Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá no web da Unesco (en inglés) Non 27/10/2006 53.664 ha. 3.252 Río Eo, Ozcos e Terras de Burón Si (galego-asturiana) 19/06/2007 159.379 ha. 30.413 Terras do MiñoReserva da biosfera Terras do Miño na web oficial da Unesco (en inglés) Non 8/11/2002 363.668,9 ha. 172.966 Ribeira Sacra, Serras do Oribio e Courel Non 15/09/2021 306.534,77 ha. 75.000

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas (en inglés)