Robert Pershing Wadlow, nado en Alton (Illinois) o 22 de febreiro de 1918 e finado en Manistee (Míchigan) o 15 de xullo de 1940, segundo o Libro Guinness dos Récords, foi o home máis alto da historia médica de que existen evidencias irrefutábeis.
Traxectoria
Medidas Alcanzou unha altura de 2,72 metros cun peso de 199 quilogramos antes de falecer. O seu pai medía 1,82 m.
Condición médica O seu gran tamaño e o seu continuo crecemento en idade adulta estaba provocado por un tumor na súa glándula pituitaria. Non deixou de medrar até a súa morte aos 22 anos.
A mesma condición padece Sultan Kösen, o home vivo máis alto do mundo, aínda que en 2010 comezou a recibir un tratamento que detivo o seu crecemento en 251cm.
Pasamento O 6 de xullo de 1940, mentres participaba no festival do Manistee National Forest, lesionou o nocello, facendo unha bocha que lle provocou unha infección xeral. Foi operado de urxencia, pero a súa situación empeorou e o 15 de xullo de 1940 faleceu mentres durmía.Morreu o home máis alto que viviu. en Michigan , sitio web dixital 'K102.5', 12 de marzo de 2018.
Máis de 30.000 persoas asistiron ao seu funeral o 19 de xullo. O cadaleito tiña 3 metros de longo, media tonelada de peso e requiría de 12 homes para ser levado a ombreiros.
Na cultura popular esquerda|miniatura|Estatua de Wadlow na Domus da Coruña.
Alcumes Adoita ser chamado Alton Giant (o 'xigante de Alton') e tamén é coñecido cariñosamente como The Gentle Giant (o 'xigante amable''').
Estatuas e museos Os seus zapatos, que se poden ver en diversos museos, eran proporcionados gratis por varias marcas de calzado para as que facía publicidade.
Unha estatua de tamaño natural de Wadlow atópase desde 1986 fronte ao Museo de Historia Natural na súa cidade natal, en Alton, Illinois. Outra estatua súa atópase no Museo Guinness en Niagara Falls, Ontario, Canadá, e outros en varios museos Ripley Believe It or Not. Outra réplica a tamaño natural pode verse na Domus - Casa do Home na Coruña.
Música A canción de 1998 "The Giant of Illinois", de The Handsome Family (posteriormente versionada por Andrew Bird), rende homenaxe a Wadlow. En 2005, Sufjan Stevens gravou "The Tallest Man, the Broadest Shoulders", sobre Wadlow, para o álbum Illinois.
Unha pintura de Wadlow coa súa familia aparece na contraportada da versión VHS da compilación de vídeos musicais de Talking Heads Storytelling Giant''.
Véxase tamén
Outros artigos
Citius, altius, fortius Xigantismo
Ligazóns externas Videoclip sobre a vida de Robert Wadlow
Categoría:Personalidades dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Illinois Categoría:Nados en 1918 Categoría:Finados en 1940 Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa