Guión foi un periódico semanal editado en Lugo entre 1930 e 1931.

Historia e características Subtitulado Semanario republicano de Política-Cultura-Información, saíu na terceira semana de marzo de 1930 como substituto do semanario ¡Ahora!, ao que se lle cambiou o título para non coincidir coa cabeceira madrileña do mesmo nome. Periódico de tendencia progresista, estaba dirixido por Avelino López Otero e contou coa colaboración de importantes políticos republicanos de Lugo e intelectuais, que logo participaron na edición de Yunque. Foise radicalizando progresivamente ata chegar ao último número, no que cambiou o subtítulo polo de Semanario de izquierdas. Cesou a súa edición en maio de 1931.

Véxase tamén Bibliografía

Teijeira, Mari Paz; De la Torre, María (1997). A prensa en Lugo, dous séculos de historia. Lugo: Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo. ISBN 84-8192-110-6.

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Lugo

Categoría:Prensa escrita de Lugo Categoría:1930 en Galicia Categoría:Prensa republicana