Antonio Alonso Fontán, coñecido como Antón Meder, nado en Meder (Salvaterra de Miño) o 5 de marzo de 1931 e finado na mesma parroquia o 8 de abril de 2023, foi un escritor galego en lingua castelá e lingua galega.
Traxectoria dereita|miniatura|Necrolóxica en Faro de Vigo. Cursou estudos primarios na escola da súa parroquia e completou a súa formación estudando Artes e Oficios no colexio de Tortoreos. Aos vinte anos trasladouse a Vigo. Foi un dos fundadores do Partido Galego do Proletariado e de Galicia Ceibe. Colaborador en diarios, revistas e radio galegas, especialmente en Faro de Vigo, Diario 16, La Voz de Galicia e Diario de Pontevedra, usando ás veces varios pseudónimos. Promoveu a creación do periódico bimensual A Voz do Condado. Foi o creador do Festival da Poesía no Condado en 1980. Participou en numerosos recitais e certames poéticos en Galicia e Portugal, sendo tamén un asiduo conferenciante. Finou en Meder o 8 de abril de 2023.
Obra Ensaio Apocalipsis en Galicia: sete celulosas sete, 1977, edición do autor, Vigo. Hai unha terra loubada, 2010, Ediciones Cardeñoso, Vigo.
Obras colectivas Os poetas de Vigo cantan en homenaxe a súa cidade, 1989, Concello de Vigo.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Salvaterra de Miño Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Finados en 2023
Categoría:Nados en 1931