Antonio Hernández Gil, nado en Puebla de Alcocer o 29 de marzo de 1915 e finado o 26 de maio de 1994 en Madrid, foi un xurista e político español.

Traxectoria Licenciouse en dereito pola Universidade de Salamanca, e doutorouse na de Madrid en 1934 con premio extraordinario. O mesmo ano conseguiu a cátedra de dereito civil na Universidade de Granada, onde exerceu a docencia ata 1954, cando se trasladou á Universidade Complutense de Madrid. En 1975 foi escollido presidente da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación e dous anos máis tarde dá o salto á política ao ser designado senador en 1977 polo rei Xoán Carlos I. Ademais, compatibilizou o cargo de senador co de Presidente das Cortes e do Consello do Reino, ambos os dous designados polo monarca.

En 1979, ao sancionar o rei a Constitución, foi substituído dos seus cargos, pero en 1982 regresa á presidencia do daquela denominado Consello de Estado. En 1985 é elixido maxistrado e presidente do Tribunal Supremo e do novo Consello Xeral do Poder Xudicial. Un ano despois, en 1986, ETA atentou contra a súa vida, pero saíu ileso[https://elpais.com/diario/1986/05/09/portada/515973601_850215.html Nova en El País.

Obra Naturaleza jurídica de la obligación alternativa (1942) La solidaridad en las obligaciones (1946) El futuro del derecho civil (1958) Metodología de la ciencia del derecho (1973) El abogado y el razonamiento jurídico (1975) La posesión (1980) El cambio político español y la Constitución (1981).

Galardóns Gran Cruz de San Raimundo de Peñafort Orde do Mérito Civil

Notas

Categoría:Senadores de España Categoría:Presidentes do Tribunal Supremo de España Categoría:Condecorados co colar da Orde do Mérito Civil