miniatura|Vistas do que foi a Lagoa de Antela con Vilar de Barrio ao fondo desde o monte de Pazos Pazos é un lugar da parroquia de Codosedo, no concello ourensán de Sarreaus, na comarca da Limia. Segundo o Instituto Galego de Estatística, no 2010 tiña 56 habitantes (27 homes e 29 mulleres), o que supón que non variou o número de habitantes con respecto ao ano 2009 cando tiña 56 habitantes. En 2016, segundo o INE, tiña 51 habitantes, 26 mulleres e 25 homes.
Toponimia O topónimo, pode derivar do latín ("pazo, casa boa"), do antropónimo ou tamén dunha palabra prelatina co significado de "curral".
Algúns dos microtopónimos da zona son Os Boscos, A Costa, A Coutada, O Curulo, As da Calva, O Carril, O Gualdo, O Lagar, As Lamarellas, A Lameira da Murela, Os Lameiros Covos, As LLanadas, As Longariñas , Oello, O Outeiro, A Pedra Darca, A Pena Carreira, A Plaza de Requeixo, A Plaza do Castiñeiriño, As Plazas, O Pomar, O Pontón, As Pozas Redondas, O Prado dos Bois, O Regueiro, A Ría, A Santa Cruz, A Seara, A Seara de San Pedro, A Seara Vella, O Souto Vello, O Talariño, Os Teares, A Telleira, O Teso, A Torre (recollidos o 12/11/2017, fonte: señor Francisco de Pazos)
Notas
Lugares e parroquias Lugares de Codosedo
Parroquias de Sarreaus
Categoría:Lugares de Sarreaus Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía