Padroso é un lugar da parroquia de Sarreaus, no concello ourensán de Sarreaus, na comarca da Limia. Segundo o INE en 2016 tiña 33 habitantes (14 mulleres e 19 homes), 13 menos ca en 2010 (24 homes e 22 mulleres nese ano segundo o IGE) e 10 menos ca en 2009.
Historia Unha das referencias históricas máis antigas relacionadas co territorio de Padroso aparece nunha obra de Felipe de la Gándara, ‘‘Armas i triunfos hechos heroicos de los hijos de Galicia’’, publicada en Madrid en 1662. No apartado dedicado aos cabaleiros da terra de Limia, Gándara menciona a Pai Méndez de Candarei, vasalo do rei Sancho IV de Castela, e sinala que en 1295, en Toledo, recibiu unha doazón real que comprendía a freguesía de San Salvador de Río Freixo e varios lugares do seu territorio: «Sarreãos, Saa, Pedrofo, Tarrafa» e San Salvador de Río Freixo. O autor engade que o privilexio foi confirmado por Fernando IV en Toledo o 13 de outubro de 1296.
A referencia resulta de especial interese para a historia de Padroso, xa que o topónimo medieval «Pedrofo» foi identificado por algúns autores co actual lugar de Padroso.
Tamén aparece no décimo segundo volume do Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz:
Así mesmo, aparece no Nomenclátor de entidades de población de la provincia de Ourense de 1998.«Decreto 332/1996, de 26 de julio, por el que se aprueba el Nomenclátor correspondiente a las entidades de población de la provincia de Ourense». Boletín Oficial del Estado n.º 276. España. 18 de novembro de 1998. p. 37882.
Xeografía Pola aldea pasa un pequeno curso fluvial local, coñecido como o regato de Padroso. Este topónimo aparece recollido tamén na cartografía oficial do Instituto Geográfico Nacional.
No acceso occidental á aldea localízanse dous topónimos destacados: A Portela, situada nunca das entradas do núcleo, e A Casa da Pista, uns metros máis ao sur, tamén á beira da estrada..miniatura|Fonte comúnNa aldea localízase unha pequena fonte de uso comunal, recollida como elemento de interese etnográfico no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Sarreaus.
No lugar tamén existe un lavadoiro de uso comunal, hoxe en desuso. A súa existencia está recollida oficialmente no Boletín Oficial do Estado (), dentro do Plan Provincial de Obras, que incluía o «abastecemento de auga a fontes públicas e lavadoiro en Perrelos e Padroso».
Toponimia miniatura|Padroso con vistas a Sarreaus, a Limia, Portugal O topónimo Padroso parece estar relacionado coa orografía, derivado do latín petrosus (‘pedregoso’), e designaría un lugar caracterizado pola abundancia de pedras. Forma parte da mesma serie toponímica ca outros lugares galegos como Pedroso. Segundo Gonzalo Navaza, moitos nomes parroquiais e lugares de Galicia teñen esta orixe latinorromance, vinculada ás características do terreo. Navaza, Gonzalo (2010). Toponimia e cartografía. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, p. 185. Consultado el 20 de agosto de 2025.https://mediorural.xunta.gal/sites/default/files/publicacions/2019-10/A_Parroquia_en_Galicia.pdf
Algúns dos microtopónimos da zona son O Agreliño, O Agro, A Airoá, Amouxeses, Ancadada, O Arroxo, A Auga Furada, Os Barreiros, O Barrio, A Bougueira, A Bouza, A Bouza Fría, As Cabadiñas, O Cabazal Sanmamed, O Cagón, Caíde, O Campo, Os Campos, A Cancela, A Carril, O Carril, Casandrés, O Castiñeiriño Queimado, O Castro, A Cidá, A Cidá de Riba, A Cimota, A Coedo, As Colmeas, O Covelo, O Diestro (nome que levaban os eidos pertencentes á Igrexa da parroquia), O Eido, A Ferveiroa, A Freixeda, A Granxa, O Greliño, A Horta Palma do Eido, Os Herdeiros, Lagarcía, A Lama, A Lama de Mende, A Lama da Portela, O Marco, O Margaceiro, O Marqués, Martulo, A Medias, As Miás, A Montecelo, As Moutras, Os Navallos, O Outeiro, O Outeiro do Val, A Paradella, O Pareisal ou Pareixal, A Pedreguiza, O Penedo Redondo, Penelas, O Picouto de Vilariño, O Piñal, O Piñeiro, A Piñoá, As Placiñas, A Plaza da Casa, A Portela, A Porteliña, As Poulas, O Prado do Medio, Os Prados, A Pregunda, As Quintas, O Rabo Longo, A Regada, As Rodas, San Pedro, O Souto, O Souto da Vella, A Tapada dos Carballos, O Toleiro, Trasdouteiro, A Trouple, A Uceira, As Uzás, Val de Sas, O Valiño, O Val de Xoane, Valdelobos, O Vallego, As Vaxongas, A Viña.Recollidos o 12/11/2017. Fonte: Señoras Luísa, Irene, Angeles e señor Luís, veciños de Padroso.
Lugares e parroquias Lugares de Sarreaus
Parroquias de Sarreaus
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Sarreaus
Categoría:Lugares de Sarreaus