María Pilar Otilia López García, nada en Ramirás en 1939, é unha mestra e política galega. Traxectoria Mestra de profesión, foi nomeada alcaldesa do concello de Ramirás en 1975. Foi a primeira muller alcaldesa da provincia de Ourense. Nas primeiras eleccións municipais democráticas encabezou a candidatura da UCD e foi elixida alcaldesa con maioría absoluta. Revalidaría a alcaldía con maioría absoluta nas sucesivas eleccións: en 1983 á fronte de Coalición Galega, en 1987 á fronte da Coalición Progresista Galega, en 1991 á fronte de Converxencia Centrista e dende 1995 ata 2011 fixoo á fronte do Partido Popular. Nas municipais de 2015 perdeu a maioría absoluta, ante o cal decidiu non recolle-la súa acta de concelleira para facilitar que o PP conservase a alcaldía en minoría como forza máis votada, co seu número 2 Juan Carlos Rodríguez Matías de alcalde. Ostenta o récord de alcaldesa con máis anos de mandato en Galicia, con corenta anos na alcaldía.
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Ramirás
Ligazóns externas Entrevista en La Opinión
Categoría:Alcaldes de Ramirás Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Nados en Ramirás Categoría:Nados en 1939 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes