O xastré (tamén chamado xastreu) é un licor que se elabora nos concellos da comarca de Verín. No Entroido de Laza celébrase a festa gastronómica da Cachucha, Bica Branca, Xastré e Licor Café de Laza. Elaboración
En 1903 os monxes da orde dos Cartuxos chegaron a Tarragona e comezaron a elaborar un licor similar ao Chartreuse. A súa popularidade estendeuse ata Monterrei, onde a receita se modificou. O nome provén dunha das herbas usadas na elaboración.
Elabórase a partir de augardente, azucre e herbas silvestres. É un licor de cor verde moi viva, de menor graduación có licor café.
Notas
Categoría:Laza Categoría:Licores Categoría:Bebidas alcohólicas de Galicia