Kurt Wüthrich, nado o 4 de outubro de 1938 en Aarberg, Suíza é un químico galardoado co premio Nobel de Química no ano 2002.
Traxectoria Estudou Química, Física e Matemática na Universidade de Berna antes de conseguir o seu Ph.D. baixo a dirección de Silvio Fallab na Universidade de Basilea, outorgado en 1964. Continuou o seu traballo postdoctoral con Fallab durante un breve tempo antes de deixalo para traballar na Universidade de California, Berkeley de 1965 a 1967 con Robert E. Connick. A isto seguiulle un período de traballo con Robert G. Shulman nos Laboratorios Bell en Murray Hill, Nova Jersey (1967-1969).
Wüthrich volveu a Zürich (Suíza), en 1969, onde comezou a súa carreira na Escola Politécnica Federal de Zürich, chegando a Profesor de Biofísica en 1980. Actualmente mantén un laboratorio alí, aínda que o seu cargo está en The Scripps Research Institute, en La Jolla, California.
Traballo científico Durante os seus estudos de gradación Wüthrich comezou a traballar coa espectroscopia de resonancia paramagnética electrónica e o tema da súa tese Ph.D. foi "a actividade catalítica dos compostos de cobre nas reaccións de autooxidación". Durante o seu tempo como un investigador postdoctoral na Berkeley comezou a traballar coa técnica relacionada recentemente desenvolvida da espectroscopia de resonancia magnética nuclear para estudar a hidratación dos complexos metais. Cando Wüthrich uniuse aos Laboratorios Bell, foi posto a cargo dun dos primeiros espectrómetros de RMN superconductores, e comezou estudando a estrutura e dinámica das proteínas. El perseguiu esta liña de investigación desde entón.
Logo de volver a Suíza, Wüthrich colaborou co premio Nobel Richard R. Ernst en desenvolver os primeiros experimentos de RMN en dúas dimensións, e estableceu o efecto nuclear Overhauser como un xeito conveniente de medir distancias dentro das proteínas. Esta investigación máis tarde levou á asignación completa de resonancias para o inhibidor pancreático de tripsina bovino e o glicagón.
Foi premiado con parte do Premio Nobel de Química en 2002 polo seu liderado no traballo en curso, comezado nos anos 70, sobre o uso da espectroscopia de resonancia magnética nuclear multidimensional para estudar a estrutura das proteínas.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 2002 Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 2002 Perfil de Kurt Wüthrich en NNDB
Categoría:Químicos de Suíza Categoría:Premio Nobel de Química Categoría:Nados en 1938 Categoría:Nados no cantón de Berna Categoría:Alumnos da Universidade de Berna Categoría:Alumnos da Universidade de Basilea Categoría:Premios Nobel de Suíza