Sinus Meridiani é un accidente xeolóxico de Marte que se estende de leste para oeste xusto o sur do ecuador do planeta. Deulle nome o astrónomo francés Camille Flammarion a finais da década do 1870.
Observacións
O nome de Sinus Meridiani foille outorgado por Camille Flammarion a finais da década do 1870. Con anterioridade, o destacado equipo xermano composto principalmente por Wilhelm Beer, Johann Heinrich Mädler e o italiano Giovanni Schiaparelli, escolleron un punto en particular de Marte coma punto de partida para o meridiano cero (o meridiano que pasaba polo centro de Sinus Meridiani), para así poder cartografar as súas observacións. Aceptando as suxestións de que as áreas escuras eran mares ou océanos, Flammarion nomeou área escura coma "Sinus Meridiani", literalmente "Baía Meridiana", cando estaba a traballar na compilación e análise de tódalas observacións feitas con anterioridade sobre Marte.
Dende a existencia de imaxes tomadas dende orbitas e sobrevoos feitas polas sondas enviadas a Marte que comezaron a partir da década do ano 1960, os accidentes xeolóxicos de albedo de Marte foron tomando novos nomes que reflectían a súa real natureza xeolóxica, e Sinus Meridiani recibiu unha nova designación, Terra Meridiani. Aínda que tanto as novas designacións coma as vellas están en uso. Por ex. o U.S. Geological Survey aínda usa o vello nome de "Sinus Meridiani"
Meridiani Planum Aínda que en moitos mapas o nome de Terra Meridiani é substítuido polo de Meridiani Planum, o nome Meridiani Planum é usado para facer referencia especificamente ó lugar onde aterrou a Mars Exploration Rover Opportunity, na parte occidental de Sinus Meridiani. Este lugar foi escollido polo equipo da Mars Exploration Rover debido ó plano da súa superficie, a carencia de rochas (polo tanto un lugar seguro para a aterraxe), e ademais o lugar amosaba unha marca no espectro de hematita, a cal aparece moi a miúdo en ambiente húmidos.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Marte
Ligazóns externas Google Mars scrollable map - centrado sobre Terra Meridiani Planetary Science Research Discoveries: Gray Iron Oxide in Meridiani, Mars
Categoría:Terrae Categoría:Marte