Josep María Socías i Humbert, nado en Barcelona o 24 de agosto de 1937 e finado en Barcelona o 3 de novembro de 2008, foi un avogado e político catalán.
Traxectoria Licenciouse en Dereito e diplomouse en Administración de empresas na Universidade de Barcelona e progresou na estrutura da Fronte de Xuventudes e do Sindicato Vertical do franquismo, primeiro como secretario sindical comarcal de Tarragona (1964) e logo como vicesecretario, secretario e finalmente delegado na provincia de Barcelona. En virtude destes cargos foi procurador nas Cortes Españolas elixido polo terzo sindical dende 1967 a 1976. Nesa época tamén ocupou os cargos de vicepresidente da Feira Oficial Internacional de Mostras de Barcelona e vicepresidente da Exposición Universal de Barcelona.
Casado cunha filla do xeneral de artillaría Manuel Pardo Ochoa, en 1976 e home de confianza de Rodolfo Martín Villa é nomeado alcalde de Barcelona polo goberno de España. Uns meses despois Xoán Carlos I desígnao senador.
Durante o seu período como alcalde e senador sufriu un atentado terrorista, reivindicado polo GRAPO, do que saíu ileso pero onde morreu un policía local que lle facía a escolta. Deixou a política activa en 1979, pero posteriormente afiliouse ao PSC.
Faleceu o 3 de novembro de 2008 por un cancro de pulmón no Hospital Universitari del Vall d'Hebron de Barcelona. Déronselle honras no Salón de Cento do concello de Barcelona.
Galardóns Cruz ao Mérito Agrícola Cruz da Garda Urbana Premio Creu de Sant Jordi
Notas
Categoría:Alcaldes de Barcelona Categoría:Políticos do PSC Categoría:Procuradores en Cortes Categoría:Senadores de España Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1937 Categoría:Finados en 2008 Categoría:Premio Creu de Sant Jordi Categoría:Finados por cancro de pulmón