A bailada ou bailía é un subxénero da cantiga de amigo consistente nunha composición destinada ó baile. Segue unha estrutura paralelística, apropiada para a súa dramatización por un grupo de rapazas.
A protagonista ou cantadeira entoa as principais cobras (ou estrofas), mentres que as restantes raparigas, formando unha especie de coro, entoan o refrán (ou retrouso).
Unha das bailadas máis famosas foi composta por Airas Nunes: Bailemos nós já todas três, ai amigas.
Hai outro exemplo dunha bailada, mais neste caso neotrobadoresca: María Balteira, da saya çintada, de Xosé María Álvarez Blázquez
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Exemplos de bailadas (en portugués)
Categoría:Literatura galega medieval Categoría:Xéneros literarios