"Popscene" é unha canción da banda inglesa de rock alternativo Blur, editada como sinxelo o 30 de marzo de 1992. As baixas posicións nas listas foi un duro golpe para a banda, ne non pasaba por bos momentos financeiros nese momento. Pretendíase que fose o primeiro sinxelo do cancelado segundo álbum do grupo, e as restantes cancións dese disco foron colocadas como caras-b en varios sinxelos do seu real segundo álbum, Modern Life Is Rubbish, agás "Never Clever", o que sería segundo sinxelo para ese traballo, que foi editado no recompilatorio de Food Food 100, xunto con "Popscene" en 1997. "Popscene" sería posteriormente incluída nas versións xapnesa e estadounidense da re-edición de Modern Life Is Rubbish (como "Pop Scene").

A canción é un ataque á homoxénea natureza da industria musical e representa un cambio na dirección musical de Blur. Dende entón converteuse nunha das favoritas dos seus seguidores, e a banda continua tocándoa ao vivo. Está considerado un dos primeiros sinxelos editados do britpop. O tema nunca foi incluído nun dico británico de Blur, ata que no ano 2009 foi incluído no recompilatorio Midlife: A Beginner's Guide to Blur.

Listaxe de cancións 7" e casete "Popscene" "Mace"

CD "Popscene" "Mace" "Badgeman Brown"

12" "Popscene" "I'm Fine" "Mace" "Garden Central"

Categoría:Sinxelos de 1992 Categoría:Cancións de Blur Categoría:Composicións musicais de rock alternativo