The Fox and the Hound (en galego, O raposo e o can de caza) é un filme de drama animado estadounidense do ano 1981 producido por Walt Disney Productions e baseado libremente na novela homónima escrita por Daniel P. Mannix. O vixésimo cuarto filme animado de Disney. Dirixido por Ted Berman, Richard Rich, e Art Stevens, o filme inclúe as voces de Mickey Rooney, Kurt Russell, Pearl Bailey, Jack Albertson, Sandy Duncan, Jeanette Nolan, Pat Buttram, John Fiedler, John McIntire, Dick Bakalyan, Paul Winchell, Keith Mitchell, e Corey Feldman.
The Fox and the Hound foi estreado nos cines dos Estados Unidos o 10 de xullo de 1981. Ata a súa estrea, foi a película animada máis cara producida ata esa data: custou 12 millóns de dólares. Foi reestreado nos cines o 25 de marzo de 1988. En 2006 saíu á venda unha secuela, The Fox and the Hound 2.
Sinopse O filme narra a historia de dous amigos improbables, un raposo vermello chamado Tod e un can de caza, Copper, que loitan por preservar a súa amizade malia os instintos emerxentes e as presións sociais que os queren levar a ser adversarios.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial
Categoría:Filmes de 1981 Categoría:Cinema de animación Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Richard Rich Categoría:Filmes ambientados en América do Norte Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures Categoría:Filmes sobre cans Categoría:Filmes sobre raposos