O Salón do Automóbil de Vigo é un evento expositivo comercial anual, do mundo do motor, que se celebra na primavera no Instituto Feiral de Vigo, dende o ano 1992, sendo así o segundo certame en activo máis antigo de España, só por detrás do Salón do Automóbil da Fira de Barcelona. Actividades miniatura|esquerda|Retro Auto&Moto Galicia 2015, Chrysler B70, 1926.|200x200pxO Salón de Vigo consta de varias actividades. Principalmente a exposición comercial e venda de vehículos de dúas e catro rodas da maioría da marcas, dende turismos ata caravanas e autocaravanas, e mesmo pequenas embarcacións, que inclúe ás veces presentacións dalgúns modelos novos. En 2011 esta exposición tivo ó seu servizo 25.000 m² repartidos en dos pavillóns.
Adoitan expoñerse, tamén, coches e motocicletas antigas (Retro Salón).
Nos anos 2007-2010 fíxose noutro pavillón do IFEVI unha demostración deportiva indoor chamada RacingShow, na que competiron varios pilotos de rally, dos campionatos galego, español e portugués, e de cando en vez algunha estrela internacional, como foi o caso de Juha Kankkunen, Didier Auriol, Miki Biasion ou Timo Salonen.
En ocasións tamén se fan demostracións de karting no exterior do recinto.
miniatura|XXIII Salón do Automóbil, 2014. miniatura|XII Motorocasión, do 10 o 13 de maio de 2012. Edición 2011 En 2011 o Salón de Vigo cumpriu 20 anos, e tivo lugar entre os días 30 de abril e 8 de maio. Nesta edición homenaxeouse á marca francesa Citroën cunha exposición de 40 coches históricos e outros actuais, e unha concentración de coches de propietarios particulares, que tivo lugar o 7 de maio.Retrospectiva Citroën . Retro Auto&Moto Galicia Dende o ano 2015 fíxose coincidir, durante tres días, co V Retro Auto&Moto Galicia (evento monográfico sobre vehículos e motos clásicas e de época), que nas catro edicións anteriores víñase celebrando en Santiago de Compostela. Motor Ocasión En datas posteriores e no mesmo recinto, celébrase o Motor Ocasión, adicado aos vehículos de segunda man.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Centro de Vigo de PSA Peugeot Citroën. Ligazóns externas Edicións XIX (2010) , XX (2011) , XXI (2012), XII (2013) , XXIII (2014) e XXIV (2015) en EventosMotor.com .
Categoría:Eventos en Vigo Categoría:Automobilismo en Galicia Categoría:Economía de Galicia Vigo Categoría:IFEVI