Casper Robert Van Dien, Jr. nado en Milton (Florida) o 18 de decembro de 1968, é un actor estadounidense coñecido principalmente polo seu papel como Johnny Rico en Starship Troopers e como Andre en Watch Over Me, serie emitida en My Network Tv.
Traxectoria Fillo dunha mestra de xardín de infancia retirada e dun piloto de guerra, pasou a súa infancia en Ridgewood, Nova Jersey. Na súa familia existe unha longa tradición militar, xa que o seu avó foi marine na segunda guerra mundial. Van Dien é descendente dunha familia holandesa longamente asentada na área de Nova York. Tamén ten ascendencia sueca, francesa, inglesa e nativa americana.
Cando medrou mudouse coa súa familia a Florida e enrolouse na división San Petersburgo. Despois foi á Universidade Estatal de Florida en Tallahassee, incribíndose como pre-médico. Alí elixiu clases de teatro como actividade "extra escolar". Pasou pouco tempo ata que actuar comezou a eclipsar o seu interese pola medicina, e deixou a universidade para continuar a súa carreira nese campo.
Trasladouse aos Ánxeles e conseguiu pequenos papeis en series e filmes de televisión. Dúas das súas primeiras oportunidades foron os papeis secundarios que realizou en One Life to live, e Beverly Hills, 90210. A continuación participou en numerosos filmes lanzados directamente ó mercado doméstico como Night Eyes 4, Beastmaster 3, The Eye of Braxus ou Night Scream. Acadou un maior recoñecemento ó protagonizar o biopic de James Dean:Race with Destiny, pero foi xusto despois cando obtivo o decisivo papel de Johnny Rico no filme de ciencia ficción de Paul Verhoeven Starship Troopers. Isto levouno a ser elixido como Tarzán en Tarzan and the Lost City. Tamén encarnou a Brom von Brunten en Sleepy Hollow, o filme de Tim Burton que toma como base o clásico de Washington Irving.
Volvendo ás súas raíces televisivas, no ano 2000 aparece en Titans, do produtor Aaron Spelling para a NBC, xunto con Yasmine Bleeth, John Barrowman, Perry King e Victoria Principal. No 2005 produce e aparece no reality show I Married a Princess, sobre a súa vida profesional e persoal xunto con Catherine Oxenberg, cuxa nai é a princesa Elizabeth de Iugoslavia. A finais de 2006 Van Dien foi elixido para a serie Watch Over Me no papel de Andre mentres que a súa muller é tamén co-protagonista caracterizando a Leandra Thames.
Vida persoal Estivo casado con Carrie Mitchum (neta de Robert Mitchum) dende 1993 até o 1997. Tiveron dous fillos: Cappy (Casper Robert Mitchum Van Dien) e Gracie (Caroline Dorothy Grace Van Dien).
A única vez que a parella traballou xunta foi preto do final do matrimonio, en James Dean: Race with Destiny, onde tamén actuou con Robert Mitchum. Saíu con Denise Richards algún tempo mentres traballaban en Starship Troopers.
Durante a rodaxe de The Collectors, coñeceu a Catherine Oxenberg. Traballaron xuntos no suspense cristián The Omega Code. Casaron en maio de 1999. Oxenberg tiña unha filla, India, dun matrimonio anterior. Actualmente, Van Dien e Oxenberg teñen dous fillos en común, Maya e Celeste.
No ano 2006, Van Dien foi invitado ó Larry King Live, onde admitiu que foi obxecto de abusos sexuais por parte da súa coidadora cando tiña oito anos. Gardouno en segredo até os trinta e dous.
Filmografía Menu for Murder (1990) The Webbers (1993) Kill Shot (1995) Married with Children (1995) Lethal Orbit (1996) Love Notes (1996) Night Eyes 4 (1996) Beastmaster III: The Eye of Braxus (1996) The Colony (1996) Night Scream (1997) Casper: A Spirited Beginning (1997) James Dean: Race with Destiny (1997) como James Dean Starship Troopers (1997) Tarzan and the Lost City (1998) como Tarzán Casper Meets Wendy (1998) Modern Vampires (1998) On the Border (1998) Shark Attack (1999) The Collectors (1999) The Omega Code (1999) Thrill Seekers (1999) Sleepy Hollow (1999) Sanctimony (2000) The Tracker (2000) Partners (2000) Python (2000) Cutaway (2000) Road Rage (2000) Windfall (2001) Chasing Destiny (2001) Under Heavy Fire (TV) (2001) Danger Beneath the Sea (2001) The Vector File (2002) Big Spender (2003) Premonition (2004) Maiden Voyage (2004) Skeleton Man (2004) What the Bleep Do We Know!? (2004) Dracula 3000 (2004) The Fallen Ones (2005) Personal Effects (2005) Officer Down (2005) The Curse of King Tut's Tomb (2006) Meltdown: Days of Destruction (2006) Slayer (2006) Aces 'N' Eights (2008) Starship Troopers 3: Marauder (2008) Mask of the Ninja (2008) One Hot Summer (2009) Turbulent Skies (2010)
Categoría:Actores de Florida Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1968 Categoría:Nados en Florida Categoría:Estadounidenses de ascendencia francesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia neerlandesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia indíxena americana