A Freixa é un lugar da parroquia de Ribadetea, no concello pontevedrés de Ponteareas, na Comarca do Condado. Segundo o IGE, en 2022 tiña 133 habitantes (65 homes e 68 mulleres). Descrición O lugar é de moito turismo. Proliferan as segundas vivendas. Hai praia fluvial formada por unha presa e mesmo hai un cámping de primeira categoría.TurGalicia.

Na Freixa, bañada polas augas do río Tea, houbo, a partir de 1895, unha turbina que xeraba corrente eléctrica para subministrar a Ponteareas.Cronoloxía da luz eléctrica en Ponteareas na páxina da Central Eléctrica Sestelo . Máis recentemente fíxose unha estación de control de peixes que ten, entre outras funcións, a da captura de salmóns reprodutores e o seguimento de reos e lampreas. O espazo participa no proxecto europeo Rede Natura 2000.De fábrica da luz a aula da natureza, artigo no Faro de Vigo .

Galería de Imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Ribadetea

Parroquias de Ponteareas

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Ponteareas

Categoría:Lugares de Ponteareas Categoría:Río Tea Categoría:Lugares divididos entre dúas parroquias