Álvaro Valiño, nado na Coruña en 1977, é un deseñador gráfico galego de recoñecido prestixio no ámbito internacional.A sección de infografía que dirixe Álvaro Valiño en Público, premiada con sete Malofiej , nova na DAG.

Traxectoria É un deseñador que traballa no campo da infografía, a ilustración e o deseño gráfico. En 2011 traballaba no premiado departamento de infografía do diario de ámbito estatal Público. Anterioramente fixérao en La Voz de Galicia. En 2002 converteuse no primeiro deseñador dun medio galego en obter o premio internacional “Award of Excellence” que outorga a Society of Newspaper Design.Reportaxe O trío do vector, en Culturagalega.org. Acadouno por un infográfico sobre crimes non resoltos.

Ten traballado para National Geographic, The Guardian, Il Corriere della Sera ou The Washington Post.

Entre os seus fitos está a o deseño de dúas portadas para a prestixiosa revista Science, así como a publicación dun paper científico na revista Nature sobor os beneficios da asociación entre investigadores científicos en artistas gráficos baixo o título "Science–graphic art partnerships to increase research impact".

Participou en diferentes exposición e escolmas ao redor do deseño galego como "Galicia, procesos e formas. Un percorrido gráfico" xunto a traballos de Isaac Díaz Pardo, Luis Seoane o Urbano Ludris entre outros.

No verán de 2024 incorporouse ao equipo do Washington Post como reporteiro gráfico.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Delgado, Pablo (14/2/2020). "Entrevista a Álvaro Valiño, diseñador" ABC . Portfolio profesional

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1977 Categoría:Debuxantes de Galicia Categoría:Deseñadores gráficos Categoría:Deseñadores de Galicia