O TPSG Frisch Auf Göppingen ou simplemente FRISCH AUF! Göppingen é un equipo de balonmán da cidade de Göppingen, Alemaña. Actualmente compite na Handball-Bundesliga, a máxima categoría do balonmán alemán, competición que gañou en nove ocasións (terceiro equipo con máis títulos), catro delas consecutivas, aínda que seis destes nove títulos foron conseguidos entre 1954 e 1961, e o seu último título de liga data de 1972.

Conseguiron fama cando Bernhard Kempa e os seus irmáns se trasladaron de Silesia a Göppingen en 1948 e comezaron a xogar no club. Primeiro como xogador e logo como adestrador, levou ao club a conseguir moitos títulos.

A nivel internacional, o equipo alemán gañou a Copa de Europa en dúas ocasións (1960 e 1962), e perdendo a final de 1959 fronte ao Redbergslids IK sueco. Máis recentemente, o equipo venceu na Copa EHF 2011 e 2012.

Nos anos '90 disputou a 2. Handball-Bundesliga (segunda categoría), retornando á elite no 2001.

Palmarés Títulos internacionais 2 Copas de Europa: 1960 e 1962 2 Copas EHF: 2011 e 2012

Títulos nacionais 9 Handball-Bundesliga: 1954, 1955, 1958, 1959, 1960, 1961, 1965, 1970 e 1972

Cadro da tempada 2015-2016 miniatura|right|150px|Escudo do club. 300px|miniatura|dereita|O FA Göppingen na tempada 2010-11. NºNOMEIDADEESTATURANACIONALIDADEPOSICIÓN2Michael Kraus321,8725px|AlemañaCentral4Tim Kneule291,9025px|AlemañaCentral6Jona Schoch211,9225px|AlemañaCentral9Manuel Späth 13px302,0025px|AlemañaPivote10Alix Kévynn Nyokas291,9225px|FranciaLateral dereito12Felix Lobedank311,9625px|AlemañaLateral dereito13Niklas Barund 271,9625px|SueciaPivote15Žarko Šešum291,9525px|SerbiaLateral esquerdo16Primož Prošt311,8625px|EsloveniaPorteiro17Daniel Fontaine261,9425px|AlemañaLateral esquerdo18Lars Kaufmann 331,9925px|AlemañaLateral esquerdo20Thomas Kristensen251,9725px|NoruegaExtremo dereiro21Andreas Berg 231,9025px|SueciaExtremo esquerdo23Bastian Rutschmann 331,9525px|AlemañaPorteiro24Marcel Schiller241,8925px|AlemañaExtremo esquerdo26Daniel Rebmann 211,9025px|AlemañaPorteiro27Marco Rentschler211,8525px|AlemañaExtremo dereito30Anton Halén251,9225px|SueciaExtremo dereito

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial do club

Göppingen