Juan Carlos Ramis Jiménez nado en Chantada en 1962, é un debuxante galego de banda deseñada.
Biografía Ramis traballou nas revistas de Edicións B Mortadelo Zipi y Zape (posteriormente Super Mortadelo e Super Zipi y Zape), Yo y Yo e TBO.
Foi un dos artistas máis prolíficos da casa nas décadas de 1980 e 1990, creando os personaxes de Alfalfo Romeo e Sporty para a revista Mortadelo, Los Xunguis para Zipi y Zape (xunto con Joaquín Cera) e herdando a sección El rollo del día de TBO creada por Manuel Vázquez Gallego.
A finais dos 80, na última etapa da revista Guai!, as súas historietas tamén formaron parte desta revista e incluso realizou algunha das portadas da revista.
Tralo declive das revistas de banda deseñada, Ramis continuaría como guionista e colorista de Joaquín Cera, publicando Los Xunguis , ademais de participar nun intento por resucita-los personaxes máis populares de José Escobar, Zipi e Zape.
Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista en El Rincón del Taradete 1ª e 2ª parte) . Ramis en Lambiek.net
Categoría:Personalidades da banda deseñada de Galicia Categoría:Nados en Chantada Categoría:Nados en 1962 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes