The New World é unha longametraxe dirixida por Terrence Malick que foi estreada en 2005. É unha historia de aventuras sobre a fundación de Jamestown (o primeiro asentamento colonial inglés no estado de Virxinia), baseada nas figuras históricas do Capitán John Smith e Pocahontas. O elenco está formado por Colin Farrell, Q'orianka Kilcher, Christopher Plummer, Christian Bale, August Schellenberg, Wes Studi, David Thewlis, e Yorick van Wageningen. O filme recibiu numerosos premios e nomeamentos pola súa fotografía e pola interpretación de Kilcher.

Sinopse É un filme sobre a América colonial, a comezos do século XVII, "O Novo Mundo" é unha aventura épica sobre o encontro das culturas europea e nativa americana durante a creación do asentamento colonial de Jamestown en 1607. Inspirada na lenda do amor entre o Capitán John Smith e Pocahontas, historia de dous personaxes fortes, unha muller nativa de gran beleza e un ambicioso buscador de fortuna. A parella de namorados atópase dividida entre as esixencias dos seus deberes cívicos e das do seu corazón.

Personaxes Colin Farrell como John Smith Q'orianka Kilcher como Pocahontas Christian Bale como John Rolfe Christopher Plummer como Christopher Newport August Schellenberg como Xefe Powhatan Wes Studi como Opechancanough David Thewlis como Edward Maria Wingfield Yorick van Wageningen como Samuel Argall Raoul Trujillo como Tomocomo Janine Duvitski como Mary Michael Greyeyes como Rupwew Irene Bedard como Nai de Pocahontas Alex Rice como Esposa de Patawomeck Kalani Queypo como Parahunt Ben Mendelsohn como Ben Noah Taylor como Selway Ben Chaplin como Robinson Eddie Marsan como Eddie John Savage como Savage Billy Merasty como Kiskiak Jonathan Pryce como Xaime I de Inglaterra

Galardóns e nomeamentos 2005: Nomeada ó Oscar: Mellor fotografía. 2005: National Board of Review: Mellor actriz (Q'orianka Kilcher).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity Web Oficial

Categoría:Filmes de 2005 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua powhatan Categoría:Filmes en lingua algonquina Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Terrence Malick Categoría:Filmes con bandas sonoras de James Horner Categoría:Filmes de New Line Cinema Categoría:Filmes ambientados na Confederación Powhatan Categoría:Filmes rodados en Virxinia Categoría:Filmes ambientados en Virxinia Categoría:Filmes ambientados nas Trece Colonias Categoría:Filmes sobre cazadores-recolectores Categoría:Filmes sobre nativos americanos