A apóstrofe é unha figura estilística consistente nunha invocación ou chamada a un ser ausente ou presente, real ou imaxinario, mesmo personificado.
Exemplos
En "A gaita gallega" (Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro)
Pobre Galicia, non debes chamarte nunca española que España de ti se olvida
Obsérvese que tamén hai figura etimolóxica e quizais pleonasmo (española / España).
En "Unha vez tiven un cravo" (Follas Novas, de Rosalía de Castro)
"Señor, que todo o podedes -pedinlle unha vez a Dios- daime valor para arrincar dun golpe cravo de tal condición"
Categoría:Retórica e figuras da lingua