Juan Bautista Andrade Tojedo,: "Andrade y Tojedo, Juan Bautista" en pp. 701-702 de Historia da literatura galega contemporanea, 1975 (2ª ed.). (edición) (2011). Cadernos Ramón Piñeiro (XX). Álvaro Cunqueiro. Remuíño de prosas p. 49. ISBN 978-84-453-5028-7: "Juan Bautista Andrade Tojedo (Lérez, Pontevedra 1879-1930). Poeta en castelán distinguido con varios premios..." nado en Lérez (Pontevedra) o 24 de xullo de 1879 e finado na mesma parroquia o 3 de setembro de 1930, foi un escritor galego. Foi tío do escritor e economista Valentín Paz-Andrade.

Traxectoria miniatura|dereita|Placa no edificio en que viviu en Lérez.

Fillo de Manuel Andrade Carlín, deuse a coñecer como poeta arredor do 1900, ao gañar o primeiro premio nun certame organizado polo Ateneo León XIII de Compostela. Foi premiado pola composición "Íntima" na celebración do centenario de Rojas Zorrilla en Toledo. En 1910 gañou en Santiago a flor natural polo poema "Las cumbres" e o primeiro accésit por "La casa muerta".

Salienta a súa obra lírica en castelán: Al amor del terruño (1915), libro de corte clásico e inspiración romántica que contén os seus poemas premiados Al desplegarse la rosa (1917), monólogo lírico Diana de gaita (1930), na que mostra unha visión da paisaxe galega de gran sensibilidade. Algunhas investigacións sinalan a influencia deste libro na obra de Luís Amado Carballo e na escola imaxinista.

Andrade tiña máis obras pendentes de publicación, mais non chegaron ao prelo por mor do seu pasamento: Poemas compostelanos, Enfoques (estudos sobre sensibilidade); El Pazo, los cipreses y el mar (ensaios sobre a paisaxe) e a novela La sombra de Fr. Juan.

En lingua galega publicou só tres ou catro poemas, aínda que parece que antes do seu pasamento preparaba a publicación dunha obra lírica en galego, Cantarelas.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

"Andrade Tojedo, Xoán Bautista" en Enciclopedia Galega Universal, t. 1. p. 512. "Andrade Tojedo, Xoán Bautista" en Dicionario biográfico de Galicia, t. 1. p. 56. "Andrade Tojedo, Xoán Bautista" en Diccionario enciclopédico galego universal, t. 4. p. 42.

Outros artigos Valentín Paz-Andrade

Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1879 Categoría:Finados en 1930