O Royal Sporting Club Anderlecht é un club de fútbol de Bélxica, do municipio de Anderlecht en Bruxelas. Foi fundado o 27 de maio de 1908 e compite na Primeira División de Bélxica, da que é o actual campión (2012–13).
Ademais dos seus numerosos títulos nacionais, é xunto ao RKV Malinas, o único equipo belga que conquistou títulos europeos: 2 títulos da Recopa de Europa e 2 da Supercopa de Europa (1976 e 1978) máis unha Copa da UEFA (1983). Ultimamente, a súa participación en torneos europeos non foi moi destacada.
Uniforme Uniforme alternativo: Camiseta branca, pantalón púrpuro, medias brancas. Uniforme titular: Camiseta púrpura, pantalón púrpuro e medias púrpuras.
Antes da tempada 2005-06, o equipo tiña como uniforme titular unha camiseta branca con vivos púrpuras, que é agora o actual uniforme alternativo.
Estadio 200px|miniatura|Exterior do estadio
O RSC Anderlecht xoga os seus partidos de local no estadio Constant Vanden Stock, situado no Parque Astrid da comuna de Anderlecht en Bruxelas. Actualmente, o equipo actualmente considera construír un estadio con máis capacidade para espectadores, que non necesariamente estaría en Anderlecht.
Palmarés Torneos nacionais
Primeira División de Bélxica: Campión (32): 1946–47, 1948–49, 1949–50, 1950–51, 1953–54, 1954–55, 1955–56, 1958–59, 1961–62, 1963–64, 1964–65, 1965–66, 1966–67, 1967–68, 1971–72, 1973–74, 1980–81, 1984–85, 1985–86, 1986–87, 1990–91, 1992–93, 1993–94, 1994–95, 1999–00, 2000–01, 2003–04, 2005–06, 2006–07, 2009–10, 2011–12, 2012–13 Segunda División de Bélxica: Campión (2): 1923–24, 1934–35 Copa de Bélxica: Campión (9): 1964–65, 1971–72, 1972–73, 1974–75, 1975–76, 1987–88, 1988–89, 1993–94, 2007–08 Copa da Liga: Campión (1): 1999–2000 Supercopa de Bélxica: Campión (11): 1985, 1987, 1993, 1995, 2000, 2001, 2006, 2007, 2010, 2012, 2013 Bruges Matins: Campión (2): 1985, 1988 Torneos internacionais
Recopa de Europa (2): 1975-76, 1977-78. Copa da UEFA (1): 1982-83. Supercopa de Europa (2): 1975-76, 1977-78. Torneo Esperanzas de Toulon (1) : 1967
Torneos amigables
Torneo de París (fútbol) (3): 1964, 1966, 1977 Bruges Matins (2): 1985, 1988 Torneo Expo de Bruxelas: 1958 Torneo de Lille: 1971 Torneo de Amsterdam: 1976 Trofeo Mohamed V: 1976 Torneo do Milenario de Bruxelas: 1980 Torneo Indoor de París-Bercy: 1985 Torneo Internacional de Fútbol de Maspalomas: 1990
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Anderlecht