Rubén Cela Díaz, nado en Lugo o 1 de marzo de 1979, é un economista e político galego do BNG.
Traxectoria Licenciado en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela, fixo un curso de posgrao de Especialista en Dereito Tributario. Profesionalmente traballa no ámbito da consultaría privada. Milita no nacionalismo desde os dezaseis anos, nos Comités Abertos de Estudantes, nos Comités Abertos de Faculdade (CAF) e en Galiza Nova, organización da cal foi secretario xeral (2000-2004). Así mesmo, foi Director Xeral de Xuventude e Solidariedade da Xunta de Galicia (2006-2009). Foi o responsábel local do Bloque Nacionalista Galego en Santiago de Compostela, onde se postulou para alcalde nas eleccións municipais de 2011, nas cales foi elixido concelleiro (2011-2019). É membro da Executiva Nacional do BNG e preside a Fundación Galiza Sempre.
Véxase tamén Ligazóns externas Blog de Cela
Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Políticos do BNG Categoría:Concelleiros de Galicia polo BNG Categoría:Concelleiros de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1979 Categoría:Secretarios xerais de Galiza Nova