Aleksandar "Sasha" Pavlović (serbio cirílico: Александар "Саша" Павловић), nado en Bar o 15 de novembro de 1983, é un xogador profesional de baloncesto serbio que actualmente é axente libre.
Traxectoria deportiva Pavlović foi seleccionado polos Utah Jazz na 19ª posición do Draft de 2003, e xogou en Utah unha tempada antes de ser traspasados aos Cleveland Cavaliers. Na súa primeira tempada na liga fixo 4.8 puntos por partido, o mesmos que na súa primeira tempada en Cleveland. O 30 de xaneiro de 2007, tras saír de titular ante os Golden State Warriors, anotou 24 puntos, a súa mellor marca na NBA. Dende entón, o seu número de minutos de xogo aumentou de forma moi considerable.
En catro anos na liga, Pavlović fixo practicamente 4.8 puntos en todas as tempadas, excepto na 2004-05, na cal os seus números foron de 4.5 puntos por partido, e na 2006-07, na que levaba 4.8 ata o seu partido contra Golden State. Ao final, rematou con 9 puntos por partido, e dende febreiro de 2007, 11.2 puntos.
O 10 de xaneiro de 2011 asinou un contrato de 10 días cos Dallas Mavericks,ESPN.com Mavericks sign Sasha Pavlovic, consultado en xaneiro de 2011 e tras finalizar o seu segundo contrato co equipo, foi fichado polos New Orleans Hornets. O 3 de marzo de 2011 asinou cos Boston Celtics.Celtics Sign Pavlovic
O 20 de xullo de 2012, Pavlović foi traspasado ós Portland Trail Blazers nun traspaso entre tres equipos.
Tras a secesión de Montenegro, Pavlovic elixiu xogar con Serbia.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas NBA.com Profile - Aleksandar Pavlovic ESPN.com Profile - Aleksandar Pavlovic b92.net Article - Aleksandar Pavlovic
Categoría:Xogadores de baloncesto de Serbia Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Nados en 1983 Categoría:Nados en Bar Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Xogadores do KK Budućnost Podgorica Categoría:Xogadores dos Utah Jazz Categoría:Xogadores dos Cleveland Cavaliers Categoría:Xogadores dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores dos Dallas Mavericks Categoría:Xogadores dos New Orleans Hornets Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos Portland Trail Blazers Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Utah Jazz Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos de Serbia e Montenegro