The Karate Kid é un remake do filme do mesmo nome. Dirixido por Harald Zwart e protagonizada por Jaden Smith e Jackie Chan. A trama principal do filme tivo lugar en Pequín, China.

Sinopse A historia está baseada no filme The Karate Kid de 1984, pero con algunhas diferenzas. Ós doce anos de idade, Dre Parker (Jaden Smith) é un rapaz popular de Detroit ata que el e a súa nai viúva (Taraji P. Henson) múdanse por razóns de traballo. Na súa nova casa de Pequín, Parker namórase dunha rapariga da escola, Mei Ying (Wen Wen Han). Os outros nenos da escola teñen dificultades para facer amizade con el debido a diferenzas culturais. Para empeorar as cosas, esta atracción transfórmao no inimigo do problemático Cheng (Zhenwei Wang), quen tentará facerlle a Dre a vida máis difícil no seu novo fogar.

Cos nenos constantemente acosándoo, e sen ninguén máis a quen acudir, as perspectivas para a nova vida de Parker semellan terríbeis, ata que coñece ó Sr. Han (Jackie Chan), un peculiar mestre de Kung fu. Empregando métodos pouco convencionais, o Sr. Han ensínalle a Parker técnicas que o axudarán a se defender.

Personaxes Jaden Smith como Dre Parker. Un rapaz de Detroit, Míchigan que é acosado por un estudante de kung fu. Jackie Chan como Mr. Han, o home de mantemento que ensina kung fu a Dre. Taraji P. Henson como Sherry Parker, a nai de Dre. Wenwen Han como Mei Ying. Zhenwei Wang como Cheng, o mangallón e estudante do mestre Li. Yu Rongguang como Mestre Li. Ming Xu como Bao Ji Wang como Mrs. Po, a directora do novo colexio de Dre. Shijia Lü como Liang. Yi Zhao como Zhuang. Tess Liu como Mestre de Historia. Harry Van Gorkum como Mestre de Música. Bowen Sheng como Si mesmo Luke Carberry como Harry. Cameron Hillman como Mark. Jp Nguyen como Wing Chun.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity

Categoría:Filmes de 2010 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua mandarín Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Harald Zwart Categoría:Filmes con bandas sonoras de James Horner Categoría:Filmes da China Categoría:Filmes de Columbia Pictures Categoría:Filmes de Overbrook Entertainment Categoría:Filmes rodados na China Categoría:Filmes rodados en Pequín Categoría:Filmes ambientados en Pequín Categoría:Filmes sobre bullying