Antonio Blanco Solla, nado en Marín o 30 de decembro de 1897 e finado na mesma vila o 31 de decembro de 1936, foi un canteiro e político galego.
Traxectoria Militante do PSOE. Coa República foi elixido concelleiro en Marín e segundo tenente de alcalde. Logo da dimisión do alcalde Agustín Rey Fonseca e do primeiro tenente de alcalde Joaquín Muíños Touza, foi designado alcalde en maio de 1931,El Progreso, 21-5-1931, p. 3. permanecendo no cargo até outubro de 1934. Presentouse como candidato do PSOE ás eleccións de 1933 pola circunscrición de Pontevedra, mais non obtivo escano. Non se presentou nas listas da Fronte Popular ás eleccións de 1936. En 1936 foi reposto no cargo de alcalde de Marín. En abril foi elixido compromisario por Pontevedra para a elección do Presidente da República.
Ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido dous días despois do pronunciamento, o 20 de xullo de 1936. Preso xunto cos veciños de Marín Armando Iglesias Pérez, Santiago Ramos Ramos, Demetrio Lorenzo Ordóñez, Albino Agraso Santamaría e Bernardino de la Torre Fernández; xulgáronos en Pontevedra por un delito de rebelión o 18 de decembro nun consello de guerra.El Pueblo Gallego, 20-12-1936, p. 7. Condenados a morte, foron executados o 31 de decembro.El Pueblo Gallego, 1-1-1937, p. 7.Memoria Histórica recuerda otro año a los fusilados del 31 de diciembre de 1936, Faro de Vigo
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Alcaldes de Marín
Categoría:Alcaldes de Marín Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Marín Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos