As competencias básicas fan referencia á capacidade de poñer en práctica de forma integrada o conxunto de coñecementos, actitudes e habilidades adquiridos durante o proceso de aprendizaxe.
En España, aparecen por primeira vez mencionadas na Lei Orgánica de Calidade da Educación (LOCE, 2002). Porén, a súa aplicación non xorde ata a Lei Orgánica de Educación de maio de 2006, e son concretadas en Galiza no currículo que establece a ordenación da educación primaria, aprobado polo Parlamento de Galicia o 28 de xuño de 2007. Tales competencias son modificadas pola Lei Orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE), que se concretan no Real Decreto 126/2014. Estas competencias son a concreción das competencias xerais ditadas pola Unión Europea como obxectivo para que toda a súa cidadanía teña unha serie de habilidades no futuro.
Orixe das competencias básicas A orixe deste concepto remóntase ao ano 1996, cando se publica o Informe Delors da UNESCO, tamén coñecido coma “a educación encerra un tesouro”. Neste informe establecíanse catro piares que debía fomentar a educación, para poder desenvolvelos ao longo da vida. Neste informe, non se lle concedía tanta importancia ás competencias teóricas actuais, senón que se centra nas competencias sociais, coma “aprender a facer”, “aprender a coñecer”, “aprender a ser” ou “aprender a vivir xuntos”.
O concepto de Competencias Básicas tal como e o coñecemos hoxe, data do ano 2000, cando se celebra o Consello Europeo de Lisboa, onde por primeira vez se fai unha alusión á necesidade do alumnado de adquirir novas competencias, co que conseguir mellores oportunidades de aprendizaxe para todos os alumnos de todas as idades e niveis educativos.
En 2002 a Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE), a través do Proyecto DeSeCo (Definición y Selección de Competencias) realizou unha análise e proposta das competencias consideradas fundamentais ou claves.
A finais de 2004 a Comisión Europea aprobou o documento “Competencias clave, un marco de referencia europeo”, baixo o consenso dos estados membros da Unión Europea. Tras ese consenso, a normativa diríxese ao Estado Español en maio de 2006, coa incorporación das competencias básicas á Lei Orgánica de Educación (LOE) e, polo tanto, ao currículo escolar. A definición que fai a Comisión Europea das Competencias Básicas é a seguinte:Un conjunto de conocimientos, destrezas y actitudes que todos los individuos necesitan para su realización y desarrollo personal, inclusión y empleo, debiendo ser desarrolladas para el final de la enseñanza obligatoria y que deberían actuar como la base para un posterior aprendizaje a lo largo de la vida.Ademais, este mesmo ano, a Comisión Europea estableceu un marco de referencia europeo con oito competencias clave: comunicación en lingua materna; comunicación en linguas estranxeiras; competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía; competencia dixital; aprender a aprender; competencias interpersoais, interculturais e sociais, e competencia cívica; espírito emprendedor; e expresión cultural. Jiménez (2006), sobre a orixe das competencias afirma:Dende los años 90, la Unión Europea y la OCDE, entre otros organismos internacionales, han venido promoviendo proyectos y estudios sobre el aprendizaje basado en competencias que han ido dando luz a trabajos y publicaciones relevantes (…) hoy día el debate sobre las competencias básicas y los criterios para su selección y evaluación centran la atención de los pedagogos y educadores, además de la de los responsables de política educativa.
Características Competencia é a capacidade dunha persoa de desenvolver os propios coñecementos e habilidades en contextos e situacións cotiáns, nos que son precisos coñecementos vinculados a diferentes saberes, e por tanto transversais. Ser competente implica comprender as situacións, reflexionar sobre o que está a pasar e discernir sobre a mellor acción a desenvolver de acordo coa dimensión social de cada situación.
O termo competencia inclúe tanto os saberes (coñecementos teóricos) como as habilidades (coñecementos prácticos ou aplicativos) e as actitudes (compromisos persoais). O termo vai máis alá do saber e do saber facer, porque inclúe tamén o saber ser ou estar e o saber aprender. Trátase de aprender a ser e actuar de modo autónomo, aprender a pensar e comunicar, aprender a descubrir e ter iniciativa e aprender a convivir e habitar no mundo.
Diversos autores conceptualizan así o termo Competencias Básicas:
“Facultad de movilizar un conjunto de recursos (saberes, capacidades, informaciones, etc.) para solucionar con eficacia una serie de situaciones cotidianas” (Perrenoud, 2003)
“Posibilidad que posee un individuo de movilizar de manera interiorizada un conjunto integrado de recursos –de conocimientos, de saberes, de esquemas, de automatismos, de capacidades, de «saber-hacer» de diferentes tipos...– con objeto de resolver una familia de situaciones- problema” (Luengo, Luzón y Torres, 2008, 5)
“Un saber actuar complejo que se apoya sobre la movilización y la utilización eficaz de una variedad de recursos. Un saber actuar muy flexible y adaptable a diversos contextos y problemáticas” (Tardif, 2008,3)
A Lei de Educación establece as competencias consideradas básicas para toda persoa que remata a educación primaria e que obtén o título de graduado en educación secundaria.
Para adquirir as competencias básicas, cada área ou materia contribúe de acordo co disposto no currículo, sendo amais a súa finalidade última. Pero non só se considera importante o traballo na aula, senón que tamén se ten moi en conta a propia organización dos centros escolares, as relacións persoais que se establecen, a propia comunicación entre todos os membros da comunidade educativa (profesorado, alumnado, familias e persoal non docente) e a relación co contorno. Todo xunto, co día a día nos centros escolares, contribúe a que o alumnado poida adquirir as denominadas competencias básicas.
Hai dous grandes grupos: as competencias transversais, que abranguen todo o currículo (as comunicativas, que permiten comprender e expresar a realidade; as metodolóxicas, que permiten activar a aprendizaxe; e as que se relacionan co desenvolvemento persoal) e mais as competencias específicas, relacionadas coa cultura e a visión do mundo que teñen como obxectivo favorecer que os rapaces e rapazas sexan cada vez persoas máis reflexivas, críticas e adecuadas.
Competencias Básicas LOE Unha vez aprobada a LOE, o goberno elaborou e aprobou reais decretos que regulan as ensinanzas mínimas para a Educación Primaria e a ESO (Real Decreto 1513/2006, de 7 de decembro, polo que se establecen as ensinanzas mínimas da Educación Primaria, Real Decreto 1631/2006, de 29 de decembro, polo que se establecen as ensinanzas mínimas correspondentes á Educación Secundaria Obrigatoria). Ligazón ao texto consolidado, xa que a norma foi derrogada Ambos inclúen un anexo no que se especifican as Competencias Básicas que se desenvolverán ao longo da educación básica. As competencias básicas a desenvolver dentro da LOE son as seguintes:
Competencia en comunicación lingüística Esta competencia refírese ao emprego da linguaxe como medio de comunicación tanto oral como escrita para a comprensión e interpretación da realidade. Os coñecementos ou destrezas que se adquiren con esta competencia permiten a expresión de pensamentos, emocións ou vivencias, así como tamén favorecen o diálogo, o xuízo crítico, adoptar decisións, dar coherencia ao discurso, entre outras, fomentando así a autoestima e a confianza nun mesmo. A comunicación e a conversa son dous elementos que favorecen as relacións de igualdade cos demais, eliminando estereotipos ou expresións sexistas, ou propiciando así a achegamento a outras culturas. Ler e escribir reforzan as habilidades que favorecen a busca, recompilación e procesamento de información, así como a habilidade ou destreza de saber utilizar e compoñer os textos segundo sexan as intencións comunicativas. A comprensión mais o saber comunicar son saberes prácticos que se apoian no coñecemento reflexivo, tanto do funcionamento da linguaxe como das normas do seu emprego.
Competencia matemática Esta competencia refírese á capacidade de interpretar todo aquilo que teña que ver con informacións e expresións matemáticas así como á capacidade para relacionalos. A competencia matemática implica o coñecemento e emprego de elementos básicos matemáticos en diversas situacións da vida cotiá, favorecendo os procesos de razoamento e lóxica para a resolución de problemas ou obtención de información. Coa mesma, adquírense as habilidades necesarias para realizar ou aplicar determinados procesos de pensamento ou lóxica, levando a identificar a validez dos razoamentos máis o grao de certeza que se deriva dos mesmos.
Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico Esta competencia refírese á interacción de cada un co mundo físico, tanto nos seus aspectos naturais como nos que son xerados pola acción do home. Noutras palabras, favorece a adquisición de habilidades para desenvolverse de xeito adecuado, de forma autónoma e cunha certa iniciativa persoal nos diversos contextos ou ámbitos da vida cotiá (saúde, consumo, ciencia, actividade produtiva, procesos tecnolóxicos etc.), así como a interpretación do mundo, no que se esixe o emprego dos diversos principios básicos que propician a análise dos fenómenos que ocorren no campo do coñecemento científico. Polo tanto, nesta competencia entrarían a formar parte os seguintes puntos: Adecuada percepción do espazo físico no que se desenvolven tanto a vida como a actividade humana, a grande escala ou nun contorno próximo. Interacción co espazo circundante, é dicir, moverse nel e resolver os problemas que se poidan producir no mesmo. Mediante a adquisición desta competencia vólvese posible a opción de identificar posibles preguntas e obter conclusións das mesmas a partir de probas, coa finalidade de tomar decisións sobre os diferentes aspectos ou accións que conforman a vida cotiá, é dicir, saúde, calidade de vida das persoas, os efectos que a actividade do home produce no medio ambiente etc. Ademais, esta competencia propón a asunción de destrezas e planificación no manexo de solucións técnicas, a partir de criterios económicos e de eficiencia, coa finalidade de satisfacer as necesidades da sociedade no seu conxunto.
Tratamento da información e competencia dixital Esta competencia refírese á disposición de habilidades para buscar, obter, procesar e comunicar informacións, e para transformalas, posteriormente, en coñecemento. Como principal elemento para obter información, aprender ou comunicarse farase uso das tecnoloxías da información, as cales permiten dende o acceso á información ata a súa transmisión a través de distintos soportes. Dita información atópase asociada coa busca, selección, rexistro e análise desta, a través do emprego de diversas técnicas ou estratexias segundo o soporte que se empregue (oral, impreso, audiovisual, dixital ou multimedia). É imprescindible o dominio de linguaxes básicas, tales como a textual, numérica, icónica, gráfica ou sonora, así como saber descodificalas e aplicalas nos diferentes contextos de coñecemento, ademais das súas fontes ou localizacións. Polo tanto, requírese que a comunicación dos coñecementos e da información que se adquiran se faga a través do emprego de diversos recursos, nos que se integren linguaxes, técnicas e as posibilidades que se derivan das tecnoloxías da información e da comunicación, tanto na función de transmisión, como na de xeradoras de información e coñecemento. A competencia dixital leva consigo o emprego de recursos tecnolóxicos dispoñibles para solucionar problemas da vida real da mellor maneira posible.
Competencia social e cidadá