"Luka" é unha canción da artista estadounidense Suzanne Vega, editada como sinxelo do seu álbum Solitude Standing en 1987. Foi o seu maior éxito nas listas dos Estados Unidos, acadando o número 3 na Billboard Hot 100.

Versións O tema foi versionado por The Lemonheads no seu álbum de 1989 Lick. A banda británica de indie Easyworld versionouna para a cara-b do seu sinxelo do 2004 "'til the day". Os xaponeses The Indigo realizaron unha versión bossa nova da canción que apareceu no seu álbum My Fair Melodies 2 en 2004. Olivia Ong tamén versionou o tema no seu álbum homónimo de 2010.

Categoría:Sinxelos de 1987 Categoría:Cancións de Suzanne Vega