Gordon Tootoosis, nado o 25 de outubro de 1941 en Saskatchewan (Canadá) e finado o 5 de xullo de 2011, foi un actor de ascendencia cree e nakoda. El era descendente de "Yellow Mud Blanket", irmán do famoso líder cree Pîhtokahanapiwiyin. Foi recoñecido pola súa vontade de preservar a súa cultura e por contar as historias do seu pobo. Foi un membro fundador da Compañía de Teatro Nativa de Saskatchewan. Tootoosis foi un activista cree do traballo social e xefe da súa banda tribal. Como actor, interpretou diversas personaxes en filmes e producións de televisión tanto no Canadá coma nos Estados Unidos. En Open Season e Boog and Elliot's Midnight Bun Run, Tootoosis fai a voz do Sheriff Gordy.
Foi galardoado coa Orde do Canadá o 29 de outubro de 2004. Na cerimonia, que tivo lugar o 9 de setembro de 2005, foi recoñecido como un modelo a imitar para os rapaces nativos.
Traxectoria O primeiro papel de Tootoosis nun filme foi en Alien Thunder (1973), con Chief Dan George e Donald Sutherland. Gordon participou na miniserie da CBC Television By Way of the Stars con Eric Schweig como "Black Thunder" e Tantoo Cardinal como "Franoise". Esta foi rodada en Uxbridge, Ontario. Tootoosis prestou a súa voz xunto con Russell Means na produción de Disney Pocahontas (1995) e Song of Hiawatha (1997).
Filmografía Alien Thunder (1974) — Voz todopoderosa Red Serge (1986-87) Stone Fox (1987) - Stone Fox Friday the 13th: The Series (1989, TV, Tempada 2, episodio #50, "The Shaman's Apprentice") — Spotted Owl Black Robe (1991) - Old Aenons Leaving Normal (1992) - Hank Amaruk By Way of the Stars (1992 TV mini-series) - O xefe cree North of 60 (1992) - Albert Golo The Call of the Wild (1993) (TV) - Charlie Legends of the Fall (1994) - One Stab Pocahontas (1995) - Kekata (voz) Lone Star (1996) - Wesley Birdsong Crazy Horse (1996) - Akicita Alaska (1996) - Ben Quincy General Store Song of Hiawatha (1997) - Iagoo Keeping the Promise (1997)- Chief Saknis The Edge (1997) - Jack Hawk Pocahontas: The Legend (1999) - Xefe Powhatan (Wahunsonacock) Reindeer Games (2000) - Old Governor Dream Storm: A North of 60 Mystery (2001) (TV) - Albert Golo Auf Wiedersehen, Pet (2002) - Joe Saugus Now & Forever (2002) - Ghost Fox Dreamkeeper (2003) (TV) - Kills Enemy Smallville (2004) (TV) - Joseph Willowbrook Into the West (2005) (TV) - Growling Bear Shania: A Life in Eight Albums (2005) - Greey Twain Hank Williams First Nation (2005) - Adelard Fox Open Season (2006) - Gordy (voz) Enterrádeme o corazón en Wounded Knee (2007) - Red Cloud Wapos Bay: The Series (2005–2010) - Mushom (voz) Blackstone (2011) Doomsday Prophecy (2011) - John Guns, Girls and Gambling (2011)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Find a Grave
Categoría:Actores nativos americanos Categoría:Nados en 1941 Categoría:Finados en 2011 Categoría:Nados en Saskatchewan Categoría:Pobo cree