O abázcaro, abáboro, abellón ou tártago (Vespa crabro) Tamén se lle chama abellón ao macho da abella e ao abesouro (Bombus). é un insecto himenóptero. A raíña mide entre 25 e 35 mm, mentres que os machos e as obreiras son máis pequenas. Ten o corpo peludo, e o abdome mestura as cores amarela e negra. A trompa mide tamén entre 20 e 30 mm e as antenas están divididas en segmentos (13 no caso dos machos, 12 no das femias), como tamén está o abdome: sete segmentos os machos, seis as femias.
Vive en enxames pouco numerosos, con niños construídos por baixo de vexetación ou de pedras. Non son particularmente agresivos, pero poden atacar para defender o niño, e o seu ferrete é moi doloroso.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos abella abella carpinteira
Ligazóns externas abázcaro Vespa crabro
Categoría:Vespidae Categoría:Animais descritos en 1758