Juan Farias Díaz-Noriega nado en Serantes o 31 de marzo de 1935 e finado en Villaviciosa de Odón o 10 de xuño de 2011Muere Juan Farias, el gran transgresor de la literatura infantil española, en Publico.es , foi un escritor galego en lingua castelá cuxa obra pode dividirse en dúas grandes etapas, segundo sexan o seu destinatario principal os lectores adultos (1959-1975) ou os nenos e novos (1977 en diante). Neste segundo xénero é onde obtivo un maior recoñecemento.

Obra A obra de Farias é singular no panorama da literatura española, polo seu compromiso político, a súa vontade de estilo e o seu léxico preciso, a minuciosa descrición do mundo rural (con frecuencia, da posguerra) e a súa renuencia a axustarse aos esquemas narrativos e trucos literarios máis típicos do xénero. A crítica tendeu a organizar esas características baixo o paraugas da "economía de medios", coa excepción de que debe entenderse unha economía sen concesións: non hai barroquismo nin alardes retóricos, pero non se renuncia á exactitude nin aos dialectalismos, cando é preciso. Entre os seus numerosos premios, cabe destacar que en 2005 foi galardoado co primeiro Premio Iberoamericano de Literatura Infantil e Xuvenil, que outorga a Editorial SM.

Obra selecta para adultos Os nenos numerados (Los niños numerados), 1965.Os nenos numerados, Colección Fóra de Xogo, Xerais, trad. Xavier Senín, decembro 1997, 211 pp. ISBN 84-8302-194-3. Los buscadores de agua, 1966 A Gritos, Gilbert, Furiosamente, 1972 Gran Cabotaje, 1968

Obra selecta para nenos Algunos niños, tres perros y más cosas, 1980. Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España, e unha das cen mellores obras do século XX español, segundo a Fundación Germán Sánchez Ruipérez. Crónicas de Media Tarde: Años difíciles, O barco dos peregrinos e O gardián do silencio, 1983-1985. El niño que vino con el viento, 1986. Por tierras de pan llevar, 1988. Cuarenta niños y un perro, 1992. La infancia de Martín Piñeiro, 1994. A la sombra del maestro, 1995. ISBN 84-8224-054-9 Los caminos de la luna, 1997. El paso de los días, 2000.

Notas

Véxase tamén Bibliografía "Juan Farias, o marabilloso mundo do cotián", CLIJ, nº 140, xullo-agosto de 2001, pp. 7–23.

Outros artigos Wenceslao Farias Díaz-Noriega Ligazóns externas "Juan Farias y su obra narrativa:: panorama introductorio", por Magdalena Vázquez "Juan Farias na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes"

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de literatura infantil de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en 1935 Categoría:Finados en 2011 Categoría:Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España Categoría:Nados en Serantes