The Amps foi unha banda de indie rock estadounidense procedente de Dayton, Ohio. Formada por Kim Deal en 1995 despois de que The Breeders entrase en hiato, a banda comezou xirando co nome "Tammy Ampersand and the Amps" pero posteriormente foi acurtado a "The Amps."
O seu álbum Pacer foi editado o día de Halloween de 1995. Crese que está composto principalmente por temas destinados á continuación do álbum de The Breeders Last Splash.
Kim Deal orixinalmente intentou tocar todos os instrumentos, chegando incluso a aprender a tocar a batería, pero finalmente recrutou a Jim Macpherson, o batería de The Breeders, e a Luis Lerma e Nate Farley, dous amigos de Dayton, para tocar no álbum e ao vivo o baixo e a guitarra respectivamente. Kelley Deal, irmá de Kim, estivo tamén na banda brevemente, pero tivo que deixala debido a problemas coas drogas.
Pacer tovo poucas vendas, a pesar de que recibiu boas críticas. Quizais a que se agardaba un éxito semellante ao que obtivo Last Splash, Elektra fabricou moitas copias, e estas finalmente acabaron sendo vendidas con importantes descontos.
The Amps continuaron xirando ata mediados de 1996, inclíndo unha actuación como abreconcertos de Foo Fighters, cando Kim cancelou unha serie de concertos para reformar The Breeders. O guitarrista Nate Farley e o batería Jim Macpherson uníronse entón a Guided by Voices, mentres que os demais se incorporaron á formación de The Breeders.
Discografía Álbum Álbum Ano Selo Pacer 1995 4AD/Elektra Records
Sinxelo Título Ano Álbum Selo "Tipp City" 1995 Pacer 4AD/Elektra Records
Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de Dayton, Ohio Categoría:Grupos musicais formados en 1995 Categoría:Grupos musicais separados en 1996