José Sabucedo Morales, nado en Santiago de Compostela o 23 de xullo de 1881 e finado en Ourense o 24 de xullo de 1937, foi un avogado e político galego.
Traxectoria Fillo de Heriberto Sabucedo, médico ourensán. Licenciado en Dereito, exerceu como avogado en Ourense. Era militante do Partido Conservador, co que foi elixido deputado provincial polo distrito Carballiño-Ribadavia dende 1915. Foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Monforte de Lemos nas eleccións de 1920, pero as eleccións foron anuladas e en febreiro de 1921. Foi nomeado presidente da Deputación de Ourense. Presidente do Círculo Conservador de Ourense en 1922. Foi nomeado senador en 1923. Foi o primeiro presidente da Coral de Ruada (1919-1933). Durante a Segunda República militou en Renovación Española, coa que foi elixido deputado pola provincia de Ourense nas eleccións xerais de 1933 e nas de febreiro de 1936. miniatura|275px|Homenaxe a José Sabucedo (x) ao ser designado representante do conde de Bugallal na provincia de Ourense en 1922. Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Presidentes da Deputación de Ourense Categoría:Deputados nas Cortes da II República Categoría:Senadores de Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1881 Categoría:Finados en 1937