Manuel Becerra Fernández, nado en Málaga o 22 de maio de 1867 e finado en Madrid o 10 de maio de 1940, foi un enxeñeiro e político español que foi Ministro de Instrución Pública e Belas Artes e Ministro de Xustiza durante a Segunda República Española.
Traxectoria Iniciouse como enxeñeiro e Filipinas e en 1904 traballou como enxeñeiro en Melilla, onde contribuíu á mellora das súas infraestruturas. Despois traballou como Conselleiro Inspector de Obras Públicas
Despois da proclamación da República participou nas eleccións de 1931 e 1933 como representante do Partido Republicano Radical obtendo un escano pola circunscrición de Lugo. Nas eleccións de 1936 volvería obter o escano xa como membro do Partido de Centro. Foi membro do goberno en senllos gabinetes presididos por Manuel Portela Valladares a ser designado para ocupar a carteira de Ministro de Instrución Pública e Belas Artes entre o 14 e o 30 de decembro de 1935, data en que pasou a ocupar a carteira de Ministro de Xustiza ata o 19 de febreiro de 1936.
Vida persoal Foi pai de Víctor Manuel Becerra Herráiz.
Véxase tamén Ligazóns externas Detalles biográficos Traballos de Manuel Becerra en Melilla Ficha no Congreso dos Deputados
Categoría:Deputados nas Cortes da II República Categoría:Ministros de España Categoría:Nados en Málaga Categoría:Nados en 1867 Categoría:Finados en 1940 Categoría:Profesores da Institución Libre de Enseñanza