Pedro Longueira Patiño, nado en Ferrol o 25 de novembro de 1905 e finado en México o 10 de agosto de 1983, foi un político socialista galego.
Traxectoria Traballou como obreiro metalúrxico e militou no PSOE galego. Nas eleccións xerais de 1936 foi eixido deputado pola provincia da Coruña polo Fronte Popular. Durante a guerra civil foi Comisario Inspector de Prisións, vocal do Tribunal de Responsabilidades Civiles e membro do Padroado de Campos de Traballo. En Barcelona colaborou con Edmundo Lorenzo Santiago na fundación de El Socialista Gallego, órgano da Agrupación Socialista de Refugiados Gallegos e foi secretario xeral de Solidaridade Galega Antifeixista. Despois da guerra civil exiliouse en México, onde contribuíu á organización do PSOE e da UGT no elixio.
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Biografía na Cátedra del Exilio
Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Deputados nas Cortes da II República Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de México Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en 1983 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes