José Calviño Domínguez, nado en Lores (Meaño) o 11 de decembro de 1890 e finado en Madrid o 23 de xaneiro de 1947, foi un avogado e político galego.

Traxectoria miniatura|esquerda|Con Ramón Fernández Mato no parque do Hotel Cristina, 1933.

Fillo de Claudio Calviño Cobas e María Domínguez, e sobriño de José Calviño Cobas. Fixo o bacharelato no Instituto de Santiago de Compostela. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1913).El Ideal Gallego, 14-22-1913, p. 3. Foi nomeado Xuíz municipal de Meaño para o período 1918-1922,El Correo de Galicia, 20-10-1917, p. 2. pero renunciou ao cargo e estableceuse na Coruña como procurador en 1918.El Ideal Gallego, 1-2-1918, p. 3. Colaborou en Vida Gallega e El Ideal Gallego e na revista Vida e foi correspondente de El Pueblo Gallego na Coruña.El Pueblo Gallego, 29-11-1928, p. 1. Presentouse ás eleccións municipais de 1920 como republicano, pero non foi elixido. Integrou a delegación da Irmandade Nazonalista Galega na Coruña dende a súa fundación en xaneiro de 1923.Emilio Xosé Ínsua e Xurxo Martínez González (2018) Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte Xerais:Vigo, p. 293 Militante de Acción Republicana, en 1930 formou parte do Comité Executivo da Federación Republicana Gallega e participou no Pacto de Lestrobe. Coa proclamación da República foi nomeado gobernador civil de Lugo en abril de 1931, pasando en agosto a ser gobernador de Pontevedra e en outubro de Biscaia, onde permaneceu ata setembro de 1932, cando foi nomeado Director xeral de Administración civil (o 17 de setembro de 1932) e posteriormente Director Xeral de Beneficencia (o 6 de maio de 1933), posto do que dimitiu o 19 de setembro de 1933.

Integrado en Izquierda Republicana, foi elixido deputado do Fronte Popular pola provincia da Coruña nas eleccións xerais de 1936. Ao rematar a guerra civil exiliouse en Biarritz (Francia) onde foi detido pola Gestapo ao confundilo con José Calviño Ozores. Retornou a España pola fronteira de Irún, moi enfermo, a principios de xaneiro de 1947.ABC, 12-1-1947, p. 25

Finou en Madrid o 23 de xaneiro de 1947,La Voz de Galicia, 26-1-1947, p. 4. e foi soterrado en Lores (Meaño). Vida persoal Casou con Dolores Iglesias Babé en 1923, e foi pai de María del Carmen (nada en 1925) e Dolores Calviño Iglesias (nada en 1927).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Artigos de José Calviño na revista Vida La casona de los Calviño, en venta

Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Deputados nas Cortes da II República Categoría:Gobernadores civís de Lugo Categoría:Gobernadores civís de Pontevedra Categoría:Gobernadores civís de Biscaia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Exilio galego

Categoría:Nados en Meaño Categoría:Nados en 1890 Categoría:Finados en 1947