Monuments and Melodies é o primeiro recompilatorio de grandes éxitos da banda estadounidense de rock alternativo Incubus, editado o 16 de xuño do 2009 a través do selo Epic Records como un disco dobre. O primeiro deles contén 13 sinxelos dos álbums Make Yourself, Morning View, A Crow Left of the Murder... e Light Grenades, xunto con dous novos temas producidos por Brendan O'Brien, "Black Heart Inertia" e "Midnight Swim". O segundo disco é unha colección de rarezas, caras-b, temas de bandas sonoras, versións alternativas, tres temas non editados anteriormente,e unha versión da canción de Prince "Let's Go Crazy".
O álbum toma o seu título dunha canción que apareceu orixeinalmente como cara-b de "Megalomaniac", e como tema extra nas edicións internacionais do disco A Crow Left of the Murder...; tamén foi incluída no disco 2 deste traballo. O debuxo da capa do álbum foi feito polo vocalista da banda Brandon Boyd.
Listaxe de cancións Disco 1 (Monuments) "Black Heart Inertia" (non editada anteriormente) - 4:53 "Drive" (do Make Yourself, 1999) - 3:52 "Megalomaniac" (do A Crow Left of the Murder..., 2004) - 4:54 "Anna Molly" (do Light Grenades, 2006) - 3:46 "Love Hurts" (do Light Grenades, 2006) - 3:57 "Wish You Were Here" (do Morning View, 2001) - 3:36 "Warning" (do Morning View, 2001) - 4:42 "Stellar" (doMake Yourself, 1999) - 3:20 "Talk Shows on Mute" (do A Crow Left of the Murder..., 2004) - 3:52 "Pardon Me" (do Make Yourself, 1999) - 3:44 "Dig" (do Light Grenades, 2006) - 4:17 "Oil and Water" (do Light Grenades, 2006) - 3:49 "Are You In?" (do Morning View, 2001) - 4:24 "Nice to Know You" (do Morning View, 2001) - 4:43 "Midnight Swim" (non editada anteriormente) - 3:15
Disco 2 (Melodies) "Neither of Us Can See (Original)" (da banda sonora de Stealth, 2005) - 4:04 "Look Alive" (da edición xaponesa de Light Grenades, 2006) - 4:21 "While All the Vultures Feed" (non editada anteriormente) - 3:53 "Pantomime (Altered Version)" (versión non editada anteriormente dunha canción de Alive at Red Rocks, 2004) - 4:39 "Anything" (non editada anteriormente) - 3:32 "Punch Drunk" (da edición xaponesa de Light Grenades', 2006) - 5:14 "Admiration" (da banda sonora de Stealth, 2005) - 4:13 "Martini" (non editada anteriormente) - 4:09 "A Certain Shade of Green (Acoustic Version)" (non editada anteriormente) - 3:36 "Monuments and Melodies" (do disco extra de Alive at Red Rocks Bonus Disc'', 2004; e cara-b de "Megalomaniac") - 5:06 "Let's Go Crazy (Prince cover)" (non editada anteriormente) - 4:29
Categoría:Recompilatorios de 2009 Categoría:Recompilatorios de Epic Records