A selección de hóckey a patíns masculina do Brasil é o equipo que representa ao Brasil nas competicións internacionais de hóckey a patíns organizadas pola CIRH e a CSP en categoría masculina. A Confederação Brasileira de Hóquei e Patinação (CBHP) foi fundada en 1988. O maior logro acadado pola selección brasileira foi o título do Campionato do Mundo "B" de 1990 conseguido en Macau logo de derrotar a Suíza na final. A primeira participación do combinado brasileiro nos Campionatos do Mundo foi en 1953 en Xenebra.
Palmarés 1 Campionato do Mundo "B": 1990
Equipo Estes foron os xogadores seleccionados para disputar a Copa América de Vic (Cataluña) no 2010.Información dos equipos participantes na Copa América 2010 na web oficial do campionato
NºNOMEPOSICIÓN Aurelio Rieger "Lelo"Porteiro RafaelAguiar"Batoré"Porteiro Rafael Novaes "Ceará" Jackson Nascimento "Mauricinho" Duque Bruno Matos Leandro André Wada Jurandyr Silva "Didi" Alan Karam Michel Zanini Adestrador: Gerard Pujol (Copa América 2010) Adestrador: Jordi Camps
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web oficial da Confederação Brasileira de Hóquei e Patinação .
Brasil