Diego Sarmiento de Valladares, nado, segundo as fontes en 1609,"Sarmiento de Valladares, Diego" in Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada en DVD. 1611 ou 1616Bishop Diego Sarmiento Valladares catholic-hierarchy.org en Vigo ou Redondela e finado o 29 de xaneiro de 1695 en Madrid, foi un relixioso galego que chegou a ser bispo de Oviedo e Plasencia e Inquisidor xeneral.
Traxectoria Diego pertencía a unha familia nobre galega, era fillo de Luís Sarmiento, señor de Valladares, e de Inés de Arines Troncoso, señora de Camos. O seu sobriño José Sarmiento Valladares foi vicerrei da Nueva España.Grandes de España .
Publicou ''Compulsa de las bulas de Gregorio XV y Clemente VII relativas a la prelacía y presidencia del estado eclesiástico, en Valladolid, en 1656.
O 30 de xaneiro de 1668 recibiu o cargo de bispo de Oviedo. O seu mandato durou pouco, pois trasladouse a Plasencia para ser nomeado bispo alí o 17 de setembro de 1668, ocupando o cargo ata o 26 de abril de 1677.
En 1668 foi designado presidente do Consello de Castela en substitución do defunto Diego Riquelme de Quirós,Francisco Xavier de Garma y Durán: Theatro universal de España: descripción eclesiástica y secular de todos sus Reynos y Provincias (1751), tomo IV, páx. 265 . e en 1669 sucedeu ao destituído Juan Everardo Nithard no cargo de inquisidor xeneral, e nese posto dirixiu o auto de fe de 1680.Relación histórica del Auto General de Fe que se celebró en Madrid en el año 1680 .miniatura|300px|Auto de fe o 30 de xuño de 1680 na Praza Maior de Madrid. Nesta pintura de 1683 de Francisco Rizi, conservada no Museo do Prado, aparecen representados Carlos II, María Luísa de Orleáns, Mariana de Austria e Diego Sarmiento de Valladares.|centro
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Santa Inquisición Ligazóns externas Bishop Diego Sarmiento Valladares catholic-hierarchy.org
Categoría:Bispos católicos de Galicia Categoría:Inquisidores Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1611 Categoría:Finados en 1695