miniatura|Mecanismo en movemento. Chámase mecanismo a un conxunto de sólidos resistentes, móbiles uns respecto doutros, unidos entre si mediante diferentes tipos de unións, chamadas pares cinemáticos (pernos, unións de contacto, pasadores etc.), cuxo propósito é a transmision das máquinas reais, e do seu estudo ocúpase a Teoría de mecanismos.
Baseándose en principios do álxebra lineal e física, créanse esqueletos vectoriais, cos cales fórmanse sistemas de ecuacións. A diferenza dun problema de cinemática ou dinámica básico, un mecanismo non se considera como unha masa puntual e, debido a que os elementos que conforman a un mecanismo presentan combinacións de movementos relativos de rotación e translación, é necesario tomar en conta conceptos como centro de gravidade, momento de inercia, velocidade angular etc.
A maioría de veces un mecanismo pode ser analizado utilizando un enfoque bidimensional, o que reduce o mecanismo a un plano.
En mecanismos máis complexos e, polo tanto, máis realistas, é necesario utilizar unha análise espacial. Un exemplo disto é unha rótula esférica, a cal pode realizar rotacións tridimensionais.
Tipos de mecanismo Engrenaxes Pistón biela Leva Mecanismo piñón, serra Mecanismos de poleas e correa Mecanismos de barras articuladas Mecanismos de biela e manivela Mecanismo de parafuso/porca
Métodos para analizar un mecanismo A análise dun mecanismo deberíase facer na seguinte orde: Análise de posición dun mecanismo. Análise de velocidade dun mecanismo. Análise de aceleración dun mecanismo. Análise dinámica dun mecanismo. Análise de esforzos dun mecanismo. Aceleración relativa Análise dinámica Método da velocidade relativa
Véxase tamén Cinemática directa Engrenaxe Leva (mecánica) Polea Roda de Xenebra
Ligazóns externas
SAM (Síntese e Análise de Mecanismos) é un paquete interactivo de software para o deseño, análise (movemento e forza) e optimización de mecanismos planares arbitrarios. mecanESO .Unha WEB onde podes atopar os contidos necesarios para abordar os teus proxectos mecánicos de TECNOLOXÍA na ESO.
Categoría:Enxeñería mecánica Categoría:Mecanismos