O Movemento Internacional da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella máis coñecida por Cruz Vermella é unha institución humanitaria, internacional e de carácter voluntario, que reúne ao redor de 97 millóns de voluntarios en todo o mundo.El Moviment Internacional de la Creu Roja, Cruz vermella Andorrana Fundouna en Suíza no ano 1863 Jean Henri Dunant, e dende entón traballa en favor dos colectivos máis vulnerables e necesitados. Defende os dereitos humanos, as minorías étnicas e a conservación dos ecosistemas. A Cruz Vermella fomenta a cooperación dos países máis ricos cos máis desfavorecidos.
Está formado por: O Comité Internacional da Cruz Vermella (CICV) A Federación Internacional de Sociedades da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella As 187 Sociedades nacionais da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella.
O movemento componse de varias organizacións distintas que son xuridicamente independentes entre si, pero están unidas no movemento a través duns principios básicos comúns, os obxectivos, os símbolos, os estatutos e os órganos de goberno.
Os compoñentes do Movemento, aínda que conservan a súa independencia nos límites do Estatuto do Movemento, actúan sempre de acordo cos seus Principios Fundamentais e colaboran entre eles no desempeño das súas tarefas respectivas e para realizar a súa misión común.
Os compoñentes do Movemento reúnense cos Estados Partes nos tratados de Xenebra do 27 de xullo de 1929 ou do 12 de agosto de 1949 na Conferencia Internacional da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella (en diante: a Conferencia Internacional).
O Comité Internacional da Cruz Vermella (CICR) sempre tivo un recoñecido papel no desenvolvemento e a promoción do Dereito internacional humanitario (DIH). Consciente dos retos que comporta o seu pleno respecto, o CICR creou en 1996 un Servizo de Asesoramento en dereito internacional humanitario a fin de fortalecer a súa capacidade de prestar servizos aos Estados nesa materia abarcando medidas concretas e necesarias para a posta en funcionamento dos tratados de Xenebra e os seus protocolos adicionais, os diversos tratados sobre armas, o Estatuto de Roma da Corte Penal Internacional e outros tratados pertinentes.
A Cruz Vermella tamén é o emblema inicial do Movemento. A cruz vermella, xunto coa media lúa vermella e o cristal vermello sobre fondo branco, son emblemas humanitarios recoñecidos oficialmente por case a totalidade de países do mundo e o seu uso está enmarcado no Dereito Internacional Humanitario, polo que deben ser respectados en toda circunstancia, para que se poidan desenvolver as actividades humanitarias nos desastres e conflitos armados.
O día 8 de maio celébrase o Día Internacional da Cruz e da Media Lúa Vermellas.
Historia Fundación miniatura|upright|esquerda|Documento orixinal da Primeira Convención de Xenebra, 1864 miniatura|upright|Henri Dunant, o fundador da Cruz Vermella miniatura|upright|"Comité dos Cinco": Gustave Moynier, Guillaume-Henri Dufour, Henry Dunant, Louis Appia, Théodore Maunoir Ata mediados do século XIX non existía nos exércitos un servizo de enfermería organizado e ben establecido para atender as baixas e tampouco ningunha institución segura e protexida onde poder acomodar e atender os feridos no campo de batalla. En xuño de 1859, o empresario suízo Henri Dunant viaxou a Italia para atoparse co emperador francés Napoleón III coa intención de discutir as dificultades que atopaba para facer negocios en Alxeria, entón ocupada por Francia.
Cando chegou á cidade de Solferino, a tarde do 24 de xuño, foi testemuña da batalla de Solferino, parte da segunda guerra da independencia italiana. Nun só día, ao redor de 40.000 soldados de ambos os bandos morreron ou resultaron feridos no campo. Henri Dunant quedou conmocionado polas terribles secuelas da batalla, o sufrimento dos soldados feridos, e a falta case total de asistencia médica e coidados básicos. Entón abandonou totalmente o motivo orixinal da súa viaxe e durante algúns días dedicouse a axudar no tratamento e a atención aos feridos. Tivo éxito na organización da asistencia motivando á poboación local a axudar sen discriminación do bando do conflito no que estaban, usando o lema "Tutti fratelli" (Todos irmáns) cuñado polas mulleres da cidade próxima, Castiglione delle Stiviere (Provincia de Mantua).
Cando volveu para Xenebra, decidiu escribir un libro titulado Un souvenir de Solférino, que publicou co seu propio diñeiro en 1862. Enviou copias do libro ás principais figuras políticas e militares en todo Europa. Ademais de facer unha vívida descrición das súas experiencias en Solferino de 1859, avogou explicitamente a favor da creación de organizacións nacionais de socorro voluntario para axudar aos soldados feridos no caso de guerra. Ademais, instou á elaboración de tratados internacionais para garantir a protección de médicos e hospitais de campaña neutrais para os soldados feridos no campo de batalla.
O 9 de febreiro do 1863, Henri Dunant fundou en Xenebra o "Comité dos Cinco", xunto co xurista Gustave Moynier, os médicos cirurxiáns Louis Appia e Théodore Maunoir e o xeneral Guillaume-Henri Dufour, como unha comisión de investigación da Sociedade para o Benestar Público de Xenebra. O seu obxectivo era examinar a viabilidade das ideas de Dunant e organizar unha conferencia internacional sobre a súa posible aplicación. Oito días despois decidiron cambiar o nome da comisión rebautizándoa como "Comité Internacional para o Socorro dos Feridos". A conferencia internacional organizada polo Comité celebrouse en Xenebra entre o 26 e o 29 de outubro do 1863, co obxectivo de desenvolver as posibles medidas para mellorar os servizos médicos no campo de batalla. Conferencia Internacional Do 26 ao 29 de outubro de 1863 a conferencia internacional organizada polo comité celebrouse en Xenebra co fin de desenvolver posibles medidas para mellorar os servizos médicos no campo de batalla. Asistiron á conferencia 36 persoas: dezaoito delegados oficiais de gobernos nacionais, seis delegados de organizacións non gobernamentais, sete delegados estranxeiros non oficiais e os cinco membros do Comité Internacional. Os estados e reinos representados por delegados oficiais foron: Imperio Austríaco, Gran Ducado de Baden, Reino de Baviera, Imperio francés, Reino de Hannover, Gran Ducado de Hesse, Reino de Italia, Reino dos Países Baixos, Reino de Prusia, Imperio Ruso, Reino de Saxonia, Reino de España, Reinos Unidos de Suecia e Noruega, e Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda.
Entre as propostas escritas nas resolucións finais da conferencia, adoptadas o 29 de outubro de 1863, foron: A fundación de sociedades nacionais de socorro para os soldados feridos; A neutralidade e a protección dos soldados feridos; A utilización de forzas de voluntarios para a asistencia de socorro no campo de batalla; A organización de conferencias adicionais para promulgar estes conceptos; A introdución dun símbolo distintivo común de protección para o persoal médico no campo de batalla, a saber, un brazalete branco cunha cruz vermella. miniatura|upright|Monumento conmemorativo do primeiro uso do símbolo da Cruz Vermella nun conflito armado durante a batalla de Dybbøl (Dinamarca) en 1864; erixido conxuntamente en 1989 polas sociedades nacionais da Cruz Vermella de Dinamarca e Alemaña. Convención de Xenebra, sociedades nacionais e CICR miniatura|upright|Bandeira da Cruz Vermella de Gōtarō Mikami coa que en 1905 desviou desde o seu hospital de campaña en Manchuria a arremetida do exército ruso Só un ano despois, o goberno suízo convidou os gobernos de todos os países europeos, así como aos de Estados Unidos, o Imperio do Brasil e o Imperio Mexicano a asistir a unha conferencia diplomática oficial. Dezaseis países enviaron un total de 26 delegados a Xenebra. O 22 de agosto de 1864, a conferencia adoptou os primeiros Convenio de Xenebra "para mellorar a sorte dos feridos nos exércitos en campaña". Representantes de 12 estados e reinos asinaron o convenio:
20px Cofederación Suíza 20px Gran Ducado de Baden Reino de Bélxica Reino de Dinamarca
Segundo Imperio Francés 20pxGran Ducado de Hesse 20px Reino de Italia Reino dos Países Baixos 20px Reino de Portugal e o Algarve 20px Reino de Prusia 20px Reino de Württemberg
O convenio contiña dez artigos que establecían por primeira vez normas xuridicamente vinculantes que garantían a neutralidade e a protección dos soldados feridos, o persoal médico de campaña e determinadas institucións humanitarias nun conflito armado.
Inmediatamente despois do establecemento da Convención de Xenebra, fundáronse as primeiras sociedades nacionais en Bélxica, Dinamarca, Francia, Oldenburgo, Prusia, España e Württemberg. Tamén en 1864, Louis Appia e Charles van de Velde, capitán do exército holandés, convertéronse nos primeiros delegados independentes e neutrais que traballaron baixo o símbolo da Cruz Vermella nun conflito armado.
O goberno do Imperio Otomán ratificou este tratado o 5 de xullo de 1865. A organización Media Lúa Vermella Turca fundouse no Imperio Otomán en 1868, en parte como resposta á experiencia da guerra de Crimea (1853-1856), na que as enfermidades eclipsaron ás batallas como principal causa de morte e sufrimento entre os soldados do pobo turco. Foi a primeira sociedade da Media Lúa Vermella deste tipo e unha das organizacións benéficas máis importantes do mundo musulmán.
En 1867, convocouse a primeira Conferencia Internacional de Sociedades Nacionais de Socorro para a Asistencia aos Feridos de Guerra. Tamén en 1867, Jean-Henri Dunant viuse obrigado a declararse en bancarrota debido a fracasos empresariais en Alxeria, en parte porque descoidara os seus intereses comerciais durante as súas incansables actividades para o Comité Internacional. A controversia ao redor dos negocios de Dunant e a opinión pública negativa resultante, combinada cun conflito en curso con Gustave Moynier, levaron á expulsión de Dunant do seu cargo de membro e secretario. Acusóuselle de quebra fraudulenta e emitiuse unha orde de arresto contra el. Así, viuse obrigado a abandonar Xenebra e nunca regresou á súa cidade natal.
Nos anos seguintes fundáronse sociedades nacionais en case todos os países de Europa. O proxecto encaixaba ben cos sentimentos patrióticos que estaban en auxe a finais do século XIX, e a miúdo fomentáronse as sociedades nacionais como símbolos da superioridade da moral nacional. En 1876, o Comité adoptou o nome de "International Committee of the Red Cross" (ICCR) ("Comité Internacional da Cruz Vermella"), que segue sendo a súa denominación oficial na actualidade. Cinco anos máis tarde, fundouse a Cruz Vermella Americana grazas aos esforzos de Clara Barton. Cada vez máis países asinaron a Convención de Xenebra e empezaron a respectala na práctica durante os conflitos armados. En pouco tempo, a Cruz Vermella adquiriu un enorme impulso como movemento respectado internacionalmente, e as sociedades nacionais fixéronse cada vez máis populares como lugar de traballo voluntario.
Cando se concedeu o primeiro Premio Nobel da Paz en 1901, o Comité Noruegués do Nobel optou por outorgalo conxuntamente a Jean-Henri Dunant e Frédéric Passy, un destacado pacifista internacional. Máis significativo que a honra do premio en si mesmo, este galardón marcou a tardía rehabilitación de Jean-Henri Dunant e representou unha homenaxe ao seu papel clave na formación da Cruz Vermella. Dunant morreu nove anos despois no pequeno balneario suízo de Heiden. Só dous meses antes falecera tamén o seu antigo adversario, Gustave Moynier, que deixou a súa pegada na historia do Comité ao ser o seu presidente máis lonxevo..