Manuel del Moral Fernández, coñecido como Manu del Moral, nado en Xaén o 25 de febreiro de 1984, é un futbolista español. Xoga de dianteiro e o seu actual equipo é o CD Numancia.

Traxectoria Fórmase como futbolista nas categorías inferiores do Real Jaén. No ano 2002 ficha polo Atlético de Madrid, xogando no equipo filial en Segunda División B. As dúas seguintes tempadas xoga cedido no Recreativo de Huelva, desde onde volve ao atlético para xogar en Primeira División. Desde 2006 xogou nas filas do Getafe CF, club co que foi subcampión da Copa do Rei nas tempadas 2006–07 e 2007–08, e foi capitán do equipo na última tempada.

Como curiosidade, durante a súa etapa escolar, compartiu aulas co futbolista do Chelsea, Fernando Torres. Ademais, os seus bos partidos co Getafe CF, valéronlle o interese de grandes equipos europeos como o Atlético de Madrid, Everton, e ata o Milan.

Ao rematar a tempada 2010–11, rematou o seu contrato co Getafe CF, e firmou polo Sevilla FC.

Selección nacional Xogou nas categorías inferiores da selección española de fútbol, marcando tres goles en cinco partidos disputados coa selección sub-19 e dous goles en cinco coa selección sub-23, ademais disputou nove partidos coa selección sub-21.

O 7 de xuño de 2011 debutou coa selección absoluta nun amigable contra Venezuela, que rematou con vitoria española por 0-3. Del Moral disputou a segunda parte, ao substituír no descanso a David Villa.

Palmarés Copas internacionais TítuloClubAnoSubcampión da Copa Mundial de Fútbol XuvenilSelección española sub-202003Medalla de ouro nos Xogos MediterráneosSelección española sub-232005

Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista: "Agora hai que mirar cara adiante" en Revista UEFA (21/04/2008)

Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Real Jaén Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid B Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid Categoría:Xogadores do Recreativo de Huelva Categoría:Xogadores do Getafe CF Categoría:Xogadores do Sevilla FC Categoría:Xogadores do Elche CF Categoría:Xogadores do SD Eibar Categoría:Xogadores do Real Valladolid Categoría:Xogadores do CD Numancia Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España