O Valladolid Rugby Asociación Club ou VRAC (denominado VRAC Quesos Entrepinares por razóns de patrocinio) é un club deportivo adicado ó rugby que foi fundado no ano 1986 na cidade de Valladolid, e que leva competindo na División de Honra dende a tempada 1991/92.
O equipo xoga os seus encontros como local no estadio Pepe Rojo da capital castelán leonesa, que ten capacidade para acoller a 2.500 persoas. Comparte estas instalacións co seu principal rival deportivo, o Club de Rugby El Salvador.
Por mor do seu tradicional patrocinador, unha empresa local adicada á fabricación de queixos, o equipo e mais os seareiros deste club son chamados "queseros".
Historia O club VRAC naceu na tempada 1986-87 cando algúns dos membros do CD Lourdes coñeceron a noticia de que a escola Lourdes da cidade de Valladolid ía deixar de apoiar o deporte do rugby. Entón crearon un novo equipo, que competiu por vez primeira na tempada 1987-88 ocupando a praza do CD Lourdes na 1ª Nacional.
Coa axuda económica dalgunha empresa local como Granja Conchita e Quesos Canal, o equipo mantivo a categoría e mesmo acadou o ascenso 4 anos despois para competir na División de Honra. Dende a súa primeira participación na máxima categoría do rugby español, o VRAC non descendeu nunca, de xeito que leva máis de 30 anos seguidos na elite nacional.
Os éxitos deportivos do VRAC consisten en doce títulos nacionais de Liga, seis Copas do Rei, oito Supercopas e sete Copas Ibéricas.
Palmarés De seguido figura o palmarés oficial do primeiro equipo sénior masculino do club en competicións oficiais ó longo da súa historia:
Liga Española de rugby: 12 títulos. 1ª posición: 1998/99, 2000/01, 2011/12, 2012/13, 2013/14, 2014/15, 2016/17, 2017/18, 2018/19, 2019/20, 2020/21, 2022/23 2ª posición: 2015/16 Copa do Rei de rugby: 6 títulos. 1ª posición: 1997/98, 2009/10, 2013/14, 2014/15, 2017/18, 2022/23 2ª posición: 1995/96, 2001/02, 2005/06, 2010/11, 2012/13, 2015/16, 2023/24 Copa Ibérica de rugby: 7 títulos. 1ª posición: 2014/15, 2017/18, 2018/19, 2019/20, 2020/21, 2021/22, 2023/24 2ª posición: 1999/00, 2001/02, 2012/13, 2013/14, 2015/16 Supercopa de España de rugby: 8 títulos. 1ª posición: 2010/11, 2012/13, 2013/14, 2014/15, 2015/16, 2016/17, 2017/18, 2019/20 2ª posición: 2001/02, 2018/19, 2023/24
Posicións do VRAC en competicións de liga e copa dende o ano da súa fundación Categoría20191817161514131211100908070605040302010099989796959493929190898887Div.Honra 1212111115444464335151447341010 Div.Honra B 1ª Nacional 1º2º8º9º8º Copa ? 1 2112 21 2 2 1 2 A División de Honra B existe dende a tempada 1998-99. Anteriormente a Primeira Nacional era a 2ª División do rugby español. Tempadas completadas na División de Honra Con 51 tempadas: UE Santboiana Con 37 tempadas: CR Cisneros Con 36 tempadas: CR El Salvador e CRC Pozuelo Con 34 tempadas: Getxo RT Con 32 tempadas: VRAC Con 29 tempadas: CD Arquitectura e CR Ciencias Con 23 tempadas: FC Barcelona Con 22 tempadas: RC Valencia Outros.
Tempada actual POSTO EQUIPOPUNTOSXOGGAÑEMPPER 1º. ||bgcolor=#00cc00| ||align=left| 26px VRAC |bgcolor=#ffffa5|68|| 17 || 14 || 1 || 2
|- align=center | 1º. ||bgcolor=#00cc00| ||align=left| 26px El Salvador66 17 14 0 3 3º. ||bgcolor=palegreen| ||align=left| 26px Alcobendas |bgcolor=#ffffa5|56|| 17 || 12 || 0 || 5
|- align=center | 4º. ||bgcolor=palegreen| ||align=left| 26px Ordizia55 17 11 1 5 5º. ||bgcolor=palegreen| ||align=left| 26px Santboiana |bgcolor=#ffffa5|43|| 17 || 9 || 1 || 7
|- align=center | 6º. ||bgcolor=palegreen| ||align=left| 26px Barcelona42 17 8 3 6 7º. || ||align=left| 26px Independiente |bgcolor=#ffffa5|39|| 17 || 8 || 1 || 8
|- align=center | 8º. || ||align=left| 26px Aparejadores 35 17 7 2 8 9º. || ||align=left| 26px Ciencias |bgcolor=#ffffa5|26|| 17 || 5 || 0 || 12
|- align=center | 10º. || ||align=left| 26px Cisneros 25 17 5 0 12 11º. ||bgcolor=lemonchiffon| ||align=left| 26px Santander |bgcolor=#ffffa5|23|| 17 || 3 || 1 || 13
|- align=center | 12º. ||bgcolor=salmon| ||align=left| 26px Hernani8 17 1 0 16
Xogadores A seguinte táboa amosa o cadro dos xogadores que forman parte do primeiro equipo do V.R.A.C. na tempada 2015-16.Cadro de xogadores do VRAC Valladolid Rugby Asociación Club Xogadores do primeiro equipo Corpo técnico Dianteiros Ignacio Castellote — Tal Stephen Barnes — Tal Haru Nakayama — Tal Pablo Miejimolle — Tal Ángel de la Calle — 1ªL Sergio Valverde — 1ªL Pablo Gutiérrez "Peisi" — 1ªL Danier Stohr — 1ªL / 2ªL Alberto Blanco — 1ªL / 2ªL Ignacio Molina — 2ªL Lucas Lastra — 2ªL / 3ªL Manuel Mora — 2ªL / 3ªL Stefano Tucconi — 3ªL Kalokalo Gavidi — 3ªL Troy Mangan — 3ªL Tres cuartos Diego Gorosito — Med Pablo Gil — Med Manuel Sevillano — Med Gareth Griffiths — Ape Stephan Moir — Ape Álvaro Fernández — Ape Federico Castiglioni — Cen Álex Müller — Á / Cen Rodrigo López — Á Pedro de la Lastra — Á Guillermo Mateu — Á / Zag Nuno Penha — Zag Director técnico Miguel Velasco
Adestrador Diego Merino
2º adestrador Alberto Rodríguez
Lenda: 1ªL - Primeira liñaTal - Talonador2ªL - Segunda liña3ªL - Terceira liñaMed - Medio de meléApe - AperturaÁ - ÁCen - CentroZag - Zagueiro
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial do VRAC Web oficial da Federación Española de Rugby
Outros artigos Liga Española de rugby Copa do Rei de Rugby
Categoría:Equipos de rugby de España Categoría:Deporte en Valladolid