Xabier Prieto Argarate, coñecido como Xabi Prieto, nado en Donostia o 29 de agosto de 1983, é un exfutbolista vasco que durante toda a súa carreira profesional xogou coma centrocampista para a Real Sociedad.
Traxectoria Procedente da ikastola Santo Tomas Lizeoa, comezou a súa carreira no Hernani cedido pola Real Sociedad, que o fichou sendo xuvenil. Tras pasar pola Real Sociedad B (o "Sanse"), onde xogou 48 partidos e marcou 8 goles, debutou co primeiro equipo o 8 de setembro de 2003 no partido de Copa entre o Real Oviedo e a Real Sociedad que acabou cun resultado 1-2 favorable aos vascos.
Selección nacional Foi internacional sub-21 coa Selección de fútbol de España. Tamén disputou 6 amigables internacionais coa Selección de fútbol do País Vasco, que carece de recoñecemento oficial pola FIFA.
Estatísticas TempadaClubCategoríaLigaCopaEuropaTotalPart.GolesPart.GolesPart.GolesPart.Goles2001/02Real Sociedad BSegunda División B 19 3 - - - - 19 32002/03Real Sociedad BTercera División 29 5 - - - - 29 52003/04Real SociedadPrimeira División 11 2 2/22 partidos xogados na Copa Vasca, competición oficial só disputada nesa tempada 0 - - 13/2 22004/05Real SociedadPrimeira División 23 0 2 1 - - 25 12005/06Real SociedadPrimeira División 38 9 - - - - 38 92006/07Real SociedadPrimeira División 33 4 1 0 - - 34 42007/08Real SociedadSegunda División 36 4 1 0 - - 37 42008/09Real SociedadSegunda División 32 4 1 0 - - 33 42009/10Real SociedadSegunda División 35 7 1 0 - - 36 72010/11Real SociedadPrimeira División 37 7 2 0 - - 39 72011/12Real SociedadPrimeira División 34 2 4 2 - - 38 4 Actualizado o 24 de abril de 2011.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do xogador en realsociedad.com
Categoría:Nados en 1983 Categoría:Nados en Donostia Categoría:Futbolistas do País Vasco Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores da Real Sociedad B Categoría:Xogadores da Real Sociedad Categoría:Xogadores da selección de fútbol do País Vasco Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21