O tokelauano é unha lingua austronesia falada por aproximadamente 1.400 persoas nos atois de Tokelau, dependencia neozelandesa no suroeste de Oceanía. Forma parte das chamadas linguas samoanas, da familia de linguas polinesias. É, canda o inglés, lingua oficial de Tokelau. É falado tamén por case 2000 tokelauanos residentes en Nova Zelandia. O tokelauano está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Informe do Ethnologue.com sobre o idioma tokelauano
Categoría:Linguas polinesias Categoría:Linguas de Tokelau