Das Parfum – Die Geschichte eines Mörders é un filme dirixido por Tom Tykwer e escrito por Andrew Birkin, Bernd Eichinger e Tykwer, que se estreou no 2006. Baséase na novela de 1985 O perfume por Patrick Süskind.
Sinopse Francia, século XVIII. Jean Baptiste Grenouille naceu no medio do fedor dos restos de pescado dun mercado e foi abandonado pola súa nai no lixo. As autoridades fixéronse cargo del e mandárono a un hospicio. Medrou nun lugar hostil; ninguén o quería, porque había nel algo excepcional: carecía por completo de olor. Estaba, pola contra, dotado dun extraordinario sentido do olfacto. Ós vinte anos, despois de traballar nun curtidoiro, conseguiu traballo na casa do perfumista Bandini, que lle ensinou a destilar esencias. Pero el vivía obsesionado coa idea de atrapar outros cheiros: o cheiro do cristal, do cobre, pero, sobre todo, o cheiro dalgunhas mulleres.
Personaxes Ben Whishaw como Jean-Baptiste Grenoille. Dustin Hoffman como Giuseppe Baldini. Alan Rickman como Antoine Richis. Rachel Hurd-Wood como Laura Richis . Karoline Herfurth como Vendedora de cirolas . Sian Thomas como Madame Gallard. Francesc Albiol como Oficial da Corte. Simon Chandler como Maior de Grasse. David Calder como Bispo de Grasse. Richard Felix como Xefe do Maxistrado. Alvaro Rogue como Grenouille ós 5 anos. Franck Lefeuvre como Grenouille ós 12 anos. John Hurt como Narrador (versión en inglés).
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity Web Oficial
Categoría:Filmes de 2006 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Tom Tykwer Categoría:Filmes de DreamWorks Categoría:Filmes de Constantin Film Categoría:Filmes de Pathé Categoría:Filmes de Nordisk Film Categoría:Filmes rodados en España Categoría:Filmes rodados en Francia Categoría:Filmes rodados en Alemaña Categoría:Filmes rodados en Barcelona Categoría:Filmes sobre psicópatas Categoría:Filmes sobre orfos Categoría:Filmes sobre asasinos en serie