Enrique Dans Pérez, nado na Coruña en 1965, é un docente e activista da rede galego.

Traxectoria Dans é licenciado en bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, é doutor en management pola Universidade de California (UCLA), ten un mestrado polo IE Business School, e cursou estudos posdoutorais na Harvard Business School.

Dende 1990 exerce como profesor de Sistemas de Información na IE Business School. É un coñecido partidario do uso de novas tecnoloxías no ámbito da educación, estea dirixida a persoas ou a empresas.

Colabora habitualmente con publicacións como El País, El Mundo, Público e outros diarios e revistas de ámbito estatal, xeralmente en relación a Internet.

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina e blog de Enrique Dans

Categoría:Nados en 1965 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Blogueiros